María Luisa Larraga Cacho, nada en Zaragoza o 10 de decembro de 1970, é unha atleta aragonesa especializada en carreiras de fondo e medio fondo.

Traxectoria

Foi internacional co equipo nacional español 31 veces entre 1996 e 2006. Ten os récords de Aragón de 3000, 5000, 10 000 m lisos, medio maratón e maratón.Luisa Larraga Cacho na Gran Enciclopedia Aragonesa. Récords da Federación de Aragón, na páxina web da Federación Aragonesa de atletismo . Os seus equipos foron o CN Helios (1988-1992) o New Balance AC (1994-1996), o Adidas RT (1997-2003), o Puma Chapín de Jerez en 2004, At. Olímpo (2005-2008) e o Scorpio-71 dende 2009. Entre as súas clasificacións destacan a vitoria do maratón de Valencia e a medalla de bronce por equipos no Campionato do Mundo de Medio Maratón en 1998 co equipo de España.

Títulos

Campioa de España de campo a través (1991 e 2002) Campioa de España de medio maratón (1998) Campioa de España de 5000 m lisos (2004) Campioa de España de 10 000 m lisos (2001, 2002 e 2004).Perfil na páxina web da Real Federación Española de Atletismo . Notas

Categoría:Atletas de España Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades sen imaxes