A Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza é unha asociación creada en Moaña en agosto de 2014.

Historia

Creouse con quince persoas asociadas, das cales seis formaban parte da xunta directiva: Juan Pena Costas como presidente, Raquel Paredes como vicepresidenta, Carmen Fernández como secretaria, Ana Belén Martínez como tesoureira e Verónica Moledo e María Framil como vogais. Na súas premisas iniciais estaban a de manter as tradicións galegas vivas e non perder a música que se aprendeu das xeracións anteriores. Actividades A agrupación organiza actividades durante todo o ano para atender a calquera persoa que queira aprender a tocar un instrumento tradicional, como a gaita a pandeireta ou o tambor.

Organiza tamén diferentes obradoiros como os relacionados co traxe galego, con obradoiros de costura dedicados ao bordado ao aire. Outros obradoiros nos que se pode participar é o de construción dun pandeiro ou nos obradoiros de peiteado tradicional.

A actividade principal é a organización do Son Moañesa,Son Moañesa un festival que se celebra no mes de agosto e no que se pon en práctica o aprendido durante todo o ano nos diferentes grupos.

Grupos Para poñer en valor o aprendido doutras xeracións a agrupación conta con: Banda de gaitas con vinte e cinco compoñentes Grupo de pandeireteiras Infantil Grupo de pandeireteiras adultas Grupo de baile tradicional Infantil Grupo de baile tradicional Adultos

Instrumentos Na Banda de gaitas a percusión está formada polo tambor, o bombo e pandeireta. Na sección de canto acompañan as cancións con pandeireta, o pandeiro e a lata.

Mestres Contan con catro mestres recoñecidos tanto polo labor como docentes como a nivel artístico e musical: Xosé Oliveira é o mestre de música tradicional na especialidade de Gaita Galega. Miguel Sotelo Vidal é o mestre de baile tradicional. Juan Pena Costas é músico e compositor. Nébeda Piñeiro é a mestra de canto tradicional.

Repertorio As pezas interpretadas pola agrupación son pezas tradicionais. Diferéncianse as que interpreta a sección do Grupo de canto e danza e as da Banda de gaitas. Nas seccións de canto e baile tradicional teñen un carácter de pezas buscadas polos mestres, moitas veces recollidas nun traballo de campo. A banda de gaitas elixe pezas de base tradicional e popular. Entre as máis populares atópanse “A ribeirana popular”, "A festa na eira", "A freixa" ou a “Foliada dos morenos”.

Socios e socias Intégranse compoñentes desde o cinco ata os setenta anos. Hai dous rangos de idade con forte presenza na Moañesa de música e danza: de 8 a 13 anos e de 35 a 45 anos.

Indumentaria Os compoñentes visten con dúas indumentarias, o taxe de acotío e un segundo traxe de gala no que as mulleres levan ricos mantóns.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Moañesa de Música e Danza Moañesa de Música e Danza Brisas do Quenlle es la agrupación folclórica invitada al festival Son Moañesa O espírito tradicional da Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza estréase este fin de semana na súa terra Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza se presenta este domingo promoviendo la raíces tradicionales y el espíritu folk

Categoría:Asociacións musicais de Galicia Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Moaña