Actúa é un partido político español de esquerdas e progresista impulsado por Baltasar Garzón e Gaspar Llamazares.

Ideoloxía e posicións políticas De acordo con Antonio Elorza, a iniciativa, situada dentro do marco dos diferentes movementos aparecidos en Europa a consecuencia da descomposición da socialdemocracia tradicional e dos sucesores do comunismo democrático, presenta entre as súas prioridades: a loita contra a desigualdade, desprazar ao Partido Popular fóra do poder, a ecoloxía e medidas anticorrupción.Elorza, A. (2017). Actúa. El País.

Historia Actúa foi oficialmente rexistrado coma partido político en agosto de 2017, a partir da plataforma do mesmo nome, nutrindose de militantes de Esquerda Aberta descontentos co rumbo de Esquerda Unida e dos membros da plataforma «Convivencia Cívica».E. B. (2017). Baltasar Garzón y Llamazares registran a Actúa como partido político. El Boletín.Precedo, J. (2017). La plataforma cívica de Llamazares y Baltasar Garzón se registra como partido en el Ministerio del Interior. eldiario.es Impulsado por Gaspar Llamazares e Baltasar Garzón, o manifesto da plataforma foi asinado, entre outros, por José Antonio Martín Pallín, Federico Mayor Zaragoza, Cristina Almeida, Lina Gálvez, Teresa Aranguren, Carlos Berzosa, Luis García Montero, Almudena Grandes e Antonio Gutiérrez.Elorza, A. (2017). Actúa. El País.​ Porén, despois da inscrición como partido, algúns asinantes, sorprendidos por este desenvolvemento, como Antonio Gutiérrez ou Martín Pallín, distanciáronse da mesma.Precedo, J. (2017). Martín Pallín y Antonio Gutiérrez se desvinculan del nuevo partido de Baltasar Garzón y Llamazares. eldiario.es.

O partido uniuse en 2018 a Primavera Europea, o movemento transnacional impulsado polo movemento DiEM25, liderado á súa vez polo exministro grego de economía Yanis Varoufakis.EFE (2018). El nuevo partido de Garzón y Llamazares se presentará a las elecciones de 2019. La Razón. En dicembro de 2018 Actúa celebrou a súa primeira conferencia política, na cal manifestou a «intención firme de presentarse nas próximas eleccións europeas, autonómicas e municipais» (as do ano 2019).EFE (2018). Actúa concurrirá a las elecciones europeas, autonómicas y municipales de 2019. Público. En canto ás eleccións municipais de 2019 en Madrid, Actúa manifestou a súa vontade de participar na candidatura de Máis Madrid.MDO/E.P. (2018). El partido Actúa se integrará en la plataforma Más Madrid de Carmena. Madrid Diario.

Referencias

Categoría:Organizacións políticas de España