Crax é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da familia dos crácidos e da subfamilia dos cracinos, do que se coñecen sete especies que se distribúen por México, América Central, as illas do mar Caribe e a América do Sur tropical e subtropical.

Son aves de gran tamaño e que presentan acusado dimorfismo sexual, presentando os machos rechamantes ornamentos faciais (cristas, papadas, etc).

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo, na páxina 157 Ver en liña . da 10ª edición do seu Systema Naturae.Ver en liña.

Etimoloxía O nome Crax é unha alteración do nome do grego antigo κρέξ kréx, unha galiñola.Crax, no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.

Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes sete especies:Crax Linnaeus, 1758 no ITIS.

Crax alberti Fraser, 1852 Crax alector Linnaeus, 1766 Crax blumenbachii Spix, 1825 Crax daubentoni G. R. Gray, 1867 Crax fasciolata Spix, 1825 Crax globulosa Spix, 1825 Crax rubra Linnaeus, 1758

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos Aves Galiformes Crácidos Cracinos

Ligazóns externas Crax na ADW. Crax na EOL.

Categoría:Crácidos