Michael Richard Uram 'Rich' Clifford, nado en San Bernadino (California) o 13 de outubro de 1952 e finado o 28 de decembro de 2021, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-59, STS-53 e STS-76. Pasou un total de 27,77 días no espazo.
Traxectoria Clifford era graduado en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1974. Foi máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Georgia en 1982.
Como militar foi asignado ao Centro Espacial Johnson da NASA en xullo de 1987. Foi seleccionado como astronauta en xullo de 1990. Participou nas misións STS-59, STS-53 e STS-76. Deixou a NASA en xaneiro de 1997 para ocupar o posto de Xerente de Operacións de Voo da Estación Espacial Internacional en Boeing.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-59 STS-53 STS-76
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en California Categoría:Finados por párkinson