O basilisco verde (Basiliscus plumifrons) é unha especie de lagarto nativo de América Central, e o seu hábitat natural abrangue dende o leste de Honduras, a través de Nicaragua e Costa Rica, até o oeste de Panamá.Köhler G (2008). Reptiles of Central America, 2nd Edition. Offenbach, Germany: Herpeton Verlag. 400 pp. Savage JM (2005). The Amphibians and Reptiles of Costa Rica: A Herpetofauna between Two Continents, between Two Seas. Chicago e Londres: University of Chicago Press. xx + 945 pp.

Descrición Os basiliscos verdes son omnívoros e aliméntanse de insectos, pequenos mamíferos como roedores, e mesmo algunhas especies máis pequenas de lagartos. A súa dieta inclúe tamén froitos e flores. Entre os seus predadores máis frecuentes atópanse as aves de presa, as sarigüeias e as serpes.

As femias desta especie poñen entre 5 e 15 ovos á vez. Depositan estes ovos en lugares quentes, como area húmida ou terra. Delongan entre oito e dez semanas en chocar, tralo cal o novo espécime nace xa como un lagarto totalmente independente.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1876 Categoría:Réptiles de Costa Rica Categoría:Réptiles de Honduras Categoría:Réptiles de Nicaragua Categoría:Réptiles de Panamá