A dos cracinos (Cracinae) é unha subfamilia de aves da familia dos crácidos, dentro da orde dos galiformes.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1825 polo zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors.
Etimoloxía O nome científico da subfamilia, Cracinae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Crac- e -inae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Crax, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das subfamilias de animais.
En canto o nome Crax é unha alteración do nome do grego antigo κρέξ kréx, unha galiñola.Crax, no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
Clasificación Subfamilia cracinos (Cracinae) Vigors, 1825 Cracinae no ITIS. Crax Linnaeus, 1758 Mitu Lesson, 1831 Nothocrax Burmeister, 1856 Pauxi Temminck, 1813
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
Outros artigos Aves Galiformes Crácidos
Ligazóns externas Cracinae na ADW.
Categoría:Crácidos