Ordinary Corrupt Human Love é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de post-metal Deafheaven, publicado o 13 de xullo de 2018 a través do selo Anti-. O título do disco está inspirado na novela de Graham Greene de 1951 The End of the Affair.

Lanzamento e promoción O 30 de xaneiro de 2018 Deafheaven publicou nas redes sociais unha fotografía dos membros da banda gravando nun estudio, e posteriormente confirmou a Pitchfork que estaban traballando nun novo álbum en 25th Street Recording en Oakland, California co produtor Jack Shirley. O grupo publicou o sinxelo principal do álbum, "Honeycomb", o 18 de abril, e anunciou o disco e a súa xira de acompañamento no día seguinte. O segundo sinxelo, "Canary Yellow", apareceu o 12 de xuño. O álbum estivo dispoñible para streaming en exclusiva na NPR o 5 de xullo, antes de ser oficialmente publicado o 13 de xullo en CD, vinilo, como descarga dixital e en servizos de streaming a través de Anti-.

Listaxe de cancións

Notas

"You Without End" conta con palabras faladas de Nadia Kury, collidas de estractos da historia curta Black and Borax de Tom McElravey. "Night People" conta con voces adicionais e produción de Chelsea Wolfe e Ben Chisholm.

Notas

Categoría:Álbums de Deafheaven Categoría:Álbums musicais de 2018 Categoría:Álbums producidos por Jack Shirley Categoría:Álbums de Anti-