Kevin P. Chilton, nado en Os Ánxeles (California) o 3 de novembro de 1954, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-59, STS-49 e STS-76. Pasou un total de 29,35 días no espazo.

Traxectoria Chilton é graduado en enxeñería pola Academia da USAF en 1976 e máster en enxeñería mecánica Universidade de Columbia en 1977.

Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1987, converténdose oficialmente en astronauta en agosto de 1988. Participou nas misións STS-59, STS-49 como piloto e na STS-76 como comandante. Deixou a NASA en 1998.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-59 STS-49 STS-76

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados nos Ánxeles