O voo 810 de Varig era un servizo regular internacional de pasaxeiros dende Río de Xaneiro ata Os Ánxeles con escalas en Lima, Bogotá, Cidade de Panamá e Cidade de México. O 27 de novembro de 1962 o Boeing 707-441 que operaba a ruta esnafrouse nunha montaña na aproximación a Lima, matando aos 97 pasaxeiros e tripulantes. Na época foi o accidente aéreo con máis vítimas mortais no Perú.

Avión O aparello involucrado no accidente era un Boeing 707-441 equipado con catro motores Rolls-Royce Conway 508, con rexistro PP-VJB. No momento do accidente o avión tiña dous anos e acumulaba 6 326 horas de voo. O seu certificado de aeronavegabilidade fora emitido o 12 de setembro de 1962 e expiraba o 22 de maio de 1963.

Notas

Varig 0810 Varig Varig