O voo 143 de Philippine Airlines era un servizo doméstico dende o aeroporto Ninoy Aquino en Manila ata o aeroporto de Mandurriao en Iloilo. O día 11 de maio de 1990 no aeroporto Ninoy Aquino o Boeing 737-300 que operaba a ruta sufriu un estoupido no tanque central de combustible e foi consumido polo lume en catro minutos.

Accidente A tempertura do aire era alta no momento do accidente, duns 35 °C, mentres o Boeing 737-300 estaba aparcado en Manila. Os paquetes de aire acondicionado, situados debaixo do tanque de combustible central do 737 estiveran funcionando no chan dende antes do pushback (de 30 a 45 minutos). O tanque central de combustible, que non se enchera dende o 9 de marzo, probablemente contendo algúns vapores de combustible. Pouco despois do pushback unha potente explosión no tanque central empuxou o chan da cabina violentamente cara a arriba. Os tanques das ás romperon causando que o avión se incendiase.

A meirande parte dos 113 pasaxeiros e 6 tripulantes escaparon polas ramplas de emerxencia, que foran despregadas tras o estoupido.

Varios pasaxeiros informaron de ata tres estoupidos no avión, e Oscar Alejandro, entón director da Oficina de Transporte Aéreo de Filipinas, confirmou que os motores non estaban encendidos no momento dos estoupidos.

Pénsase que os vapores prenderon lume debido a un cableado danado, xa que non se atoparon bombas, dispositivos incendiarios ou detonadores na escena. A aeroliña colocara luces de logotipo tras a entrega do avión o que requiriu pasar cables adicionais a través dos selos de vapor nos tanques de combustible. A NTSB recomendou á FAA que publicase unha Directiva de Aeronavegabilidade solicitando inspeccións das bombas de reforzo de combustible, o interruptor do flotador, e o cableado porque se atoparan signos de rozaduras. A FAA declinou publicar a directiva.

Notas

Philippine Airlines 0143 Philippine Airlines Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1990