O anfiteatro de El Djem (en árabe , قصر الجم ), tamén chamado de Coliseum Thysdrus, está situado na cidade de El Djem na Vilaia de Mahdia en Tunisia, a antiga cidade de Thysdrus situado na entón provincia romana de África. É o maior anfiteatro romano de África e o cuarto a nivel mundial, despois do Coliseo de Roma, o anfiteatro de Capua e o anfiteatro Flaviano, e un dos máis ben conservados do norte de África. É o monumento romano máis coñecido da Tunisia. Acolle cada ano preto de 530.000 visitantes. Está catalogado pola UNESCO desde 1979 como Patrimonio da Humanidade.
Historia Edificios anteriores left|miniatura|Vista xeral da area da localización dos antigos anfiteatros.
O anfiteatro actual é o terceiro edificio de espectáculos construído en Thysdrus, unha cidade que prosperou grazas ao desenvolvemento da olivicultura e o comercio, é o mellor construído e mantido en todo, cunha morea de restos que permitiron aos expertos estudar a súa evolución ao longo do tempo. O segundo anfiteatro, cuxa existencia xa fora intuída por Charles Tissot, escavouse en 1960, mentres que o primeiro saíu á luz grazas ás campañas dirixidas por Hedi Slim desde 1973
O primeiro edificio tiña unha capacidade para 6.000 espectadores e clasificouse como "rudimentario" "embrionario" ou "moi vello".. Jean-Claude Golvin datou a súa orixe no século I, aínda que abandonaríase a finais do mesmo. Polo tanto debía estar preto dos edificios da Época Republicana, que se construíron adaptándose á configuración do terreo. En efecto, o lugar elixido para a súa construción, abrigou sepulturas en tempos prerromanos, é o único relevo natural da zona adecuado para construír un edificio. O anfiteatro esculpíuse nun outeiro de travertino sen usar albanelaría e con formas irregulares. As bancadas, en número limitado, esculpíronse na rocha e a cávea escavouse. A area tiña unha dimensión de 49 metros de longo por 40 metros de ancho. Parece que as bancadas erosionaron moi rapidamente e foron reparadas con tixolos de barro sen cocer. A aparición do edificio poderíase relacionar coa chegada á cidade dunha comunidade italiana afeccionado aos espectáculos, quizais de orixe Campaniano ou etrusco, ambas rexións son a orixe dos xogos nos anfiteatros.
miniatura|Detalle dos restos das bancadas subdivididas do segundo anfiteatro A segunda construción, que tiña unha estrutura sólida nas súas liñas xerais, construíuse a finais do século I ou século II no mesmo outeiro que o seu predecesor. A súa forma era máis elíptica debido a un terraplén existente na area e a tribuna do anfiteatro anterior. O aterraplenado de area, 2,50 metros de altura, permitiu regularizar a súa forma. As bancadas tiñan unha capacidade total de 7000 espectadores. eran irregulares en tamaño e estaban separadas por compartimentos feitos de ladrillo, separadas por espazos a modo de corredor. Parece que houbo un total de 24 compartimentos, dos cales permanecen 16 en diverso estado de conservación. A area tiña 60 metros de longo por 40 metros de ancho, as dimensións totais do edificio eran de 92 por 72 metros. Golvin tamén describe un palco e unha capela situada no eixe oeste. A construción carece dunha aparencia estética, aínda que as súas importantes melloras técnicas fixérono máis funcional.
Durante o tempo da Dinastía Severa, no principio do século III, a cidade experimentou un enorme crecemento debido a un comercio florecente de aceite e trigo favorecido pola súa situación como encrucillada de rutas comerciais. O segundo anfiteatro quedou pequeno e substituíuse polo edificio actual, construído nun terreo plano. Este procedemento foi repetido noutras cidades como Cartago, Nimes ou Roma.
O edificio nunha época posterior implicou unha corrección dos problemas ocasionados polos edificios anteriores máis aló da funcionalidade, as innovacións tamén foron un factor de lonxevidade.
Datación controvertida O anfiteatro, aínda entre os máis ben preservados do seu tipo, foi pouco estudado As últimas investigacións do monumento non revelaron ningún rexistro que permita datar a súa construción. Ademais, recentes escavacións arqueolóxicas non sacaron á luz ningún elemento en particular, coa excepción dunha vasilla dun tipo de cerámica datada na primeira metade do século III. Considerase de forma incerta (porque non foi corroborado por ningún elemento tanxible), que o edificio construíuse no 238 d.C., o ano da Revolución contra o poder de Roma, ou baixo o proconsulado de Gordiano, coroado emperador romano en abril do mesmo ano. Estímase como data de construción entre o 230 e o 250, durante o período da anarquía militar, aínda que algúns estudos máis antigos atrásana ao reinado da dinastía Antonina,Thomas Shaw, citado por ou sexa ao final do Imperio.Henri Saladin, citado por
É unha das ruínas de pedra romana mellor conservada no mundo e é única en África. A capacidade estimada é de 35.000 espectadores e o tamaño dos eixes grande e pequeno son respectivamente 148 m. e 122 m.. O anfiteatro está construído en bloques de pedra, situado nun terreo plano e está excepcionalmente ben conservado.
Con todo, o custo da construción en pedra tallada, así como a necesidade dun maior número de asentos parece que colocaría a súa construción durante o auxe da cidade, a finais do século II ou principios do século III, baixo a dinastía Severa. Alexandre Lèzine, apoiado por Golvin, propuxo un abano máis limitado de datas, entre o 230 e o 238, quedando inacabado por mor dos acontecementos do último ano. Mentres, Hedi Slim cre que a obra completouse.
Desde finais da Idade Antiga ata a Idade Media left |miniatura| Tarxeta que amosa o anfiteatro en 1900 cos grandes recheos que enchían o interior do monumento Aínda que a cidade substituíuse gradualmente por Sufétula como capital económica da rexión e que as rutas de comercio foron desviados da cidade, Thysdrus continuou a desempeñar un papel militar trala transformación do anfiteatro en fortaleza. Escavacións arqueolóxicas dataron o abandono do edificio, na segunda metade do século quinto, sendo a duración aproximada da súa actividade de dous séculos.
miniatura|Entrada ao lugar. Desde a época bizantina o anfiteatro tornouse nunha fortaleza e un lugar de refuxio, como se probou trala derrota bizantina na batalla de Sufétula no 647 contra as tropas árabes. A transformación consistiu no cegado das arcadas situadas na planta baixa e a construción doutras instalacións, incluíndo unha torre atopada en recentes escavacións. O monumento é ás veces chamado de Ksar de Kahena, en homenaxe a unha princesa Bérber do século VII que reuniu ás tribos para deter o avance dos invasores musulmáns. Derrotada e acurralada, refuxiouse cos seus seguidores no anfiteatro, onde resistiu por catro anos. Segundo a lenda, foi traizoada polo seu amante, que a apuñalou e mandou a súa cabeza embalsamada ao xefe do exército árabe. O edificio foi citado por Abu Abdullah Al Bakri no século XI e por Tijani, onde se da a entender que ofrece unha protección eficaz, o que é incompatible cun estado ruinoso.
A desaparición da tribuna e os elementos do último andar sería posterior e progresiva. A ruína do monumento trouxo un depósito substancial de cascallos, cunha altura variable entre 1,50 a tres ou catro metros.
Idade Moderna e Idade Contemporánea left |miniatura| O edificio retratado nun gravado de 1843 ilustrando a visión romántica entendida por un longo tempo polos visitantes do monumento. A pesar da destrución parcial debido ao uso das súas pedras para a construción da cidade de EL Djem, o terceiro anfiteatro consérvase en condicións excepcionais e crese que permaneceu completo ata o século XVII. O viaxeiro Victor Guerin informa que "en 1695, segundo a tradición árabe, comezouse a demoler a fachada exterior, que ata entón se mantivo case intacta".
miniatura| Viaxeiros visitando o anfiteatro en 1910. Por esas datas, o Bey de Tunisia reprimíu unha revolta de orixe fiscal. Os seus canóns abriron varias fendas no edificio para impedir que o lugar servira de refuxio á poboación local. Con todo, o sitio continuou a ser usado para este fin ata mediados do século XIX durante unha última rebelión. Tras numerosos danos, os habitantes da cidade extraeron enormes cantidades de material das ruínas para aproveitalo.
Crese que o anfiteatro utilizouse como fábrica de salitre a finais do século XVIII e do século XIX. Ao redor de 1850, a fenda na parede ampliouse por Ahmad I ibn Mustafa ata aproximadamente 30 m.. Na segunda metade do século XIX, a estrutura usouse para tendas, vivendas e almacenamento de grans.
A área recibiu visitas desde o século XVII e especialmente no século XIX, intensificadas despois da posta en marcha da protección dos restos arqueolóxicos. Durante a primeira metade do século XX acometéronse varias restauracións da fachada destruída, así como a escavación da area e dos espazos subterráneos. O turismo desenvolveuse durante o século XX ata preto de 530.000 visitantes por ano no 2008, que fai do anfiteatro o segundo lugar máis visitado de Tunisia.
Restauración left|upright=0.9|miniatura|Vista do edificio en 1975, pouco tempo despois do inicio da campaña de estudo e restauración do monumento, dirixida polo Instituto nacional do patrimonio de Tunisia (INAA).
O anfiteatro declarouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979. O diferente estado de conservación dos diferentes materiais de construción, así como a caída de pedras mesmo das bóvedas esixiron unha campaña de consolidación e rehabilitación, financiada polo goberno de Tunisia e por unha fundación privada. A estabilización evitou novos desprendementos de terra mentres que as zonas irremediablemente deterioradas substituíronse. A restauración, realizada cos materiais retirados nas tarefas de limpeza dos recheos, tivo como finalidade a protección do monumento e a mellora das visitas de forma máis pedagóxica. A restauración das bóvedas e escaleiras facilitou a accesibilidade ao anfiteatro.
miniatura|Vista cara ao anfiteatro desde a contorna axardinada.
A renovación da arquibancada con capacidade para 500 espectadores tamén permitiu "contribuír á restauración cultural do edificio" segundo Hedi Slim. A reconstrución dos alicerces tamén axudou a reconstituír a forma elíptica do edificio. A campaña tamén permitiu o coñecemento completo do monumento, especialmente o sistema de recuperación de auga de chuvia e a cimentación. Por outra banda, saíron a luz numerosos fragmentos das bancadas da area.
Dada a diferenza de cota. Entre a cidade contemporánea e o edificio, a súa contorna inmediata acondicionouse con elementos vexetais e minerais para igualar o desnivel. Grazas á súa boa acústica e ás restauracións realizadas, o anfiteatro acolle cada verán desde 1985 o Festival Internacional de Música Sinfónica de El Djem.
Cultura popular Apareceu en películas como a Monty Python's Life of Brian.
A empresa estadounidense de roupa deportiva Nike usou este lugar en 1996 para filmar un comercial televisivo titulado "Good vs Evil", que mostra un partido de fútbol de estilo gladiador ambientado nun anfiteatro romano. Xogadores de fútbol de todo o mundo, incluíndo Eric Cantona, Ronaldo, Paolo Maldini, Luís Figo, Patrick Kluivert e Jorge Campos defenden "o xogo bonito" contra un equipo de guerreiros demoníacos antideportivos, que termina con Cantona recibindo a pelota de Ronaldo, levantando o colo da camisa como a súa marca rexistrada e rematar e dicindo, "Au Revoir", antes de golpear a pelota que pasa a través do porteiro demoníaco.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bibliografía sobre o anfiteatro e as sodalidades
(Documento utilizado para a redacción do artigo). (Documento utilizado para a redacción do artigo). (Documento utilizado para a redacción do artigo). (Documento utilizado para a redacción do artigo). (Documento utilizado para a redacción do artigo). (Documento utilizado para a redacción do artigo).
(Documento utilizado para a redacción di artigo).