O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, tamén coñecido como Igrexa das Virtudes ou ermida de Santa María, é un templo relixioso situado no lugar da Ponte (Arante, Ribadeo). Arredor da capela celébrase a romaría das Cruces, declarada festa de interese turístico de Galicia (declarada no 2018). A virxe, coñecida como 'a santiña' pola xente do lugar, ten fama de milagreira xa no mesmo século XVI. Historia
Foi construída como tarde na primeira metade do século XV. Unha inscrición no seu interior dá nota dalgún arranxo ou aumento: en 1516, data na que tiña xa a estrutura actual. O 15 de febreiro de 1543 abriuse un hospital para peregrinos do Camiño de Santiago, pois o Camiño do Norte pasa á súa beira.
Arquitectura
O edificio é dunha soa nave con tellado a dúas augas, arco triunfal oxival e presbiterio. Ten armadura interior de madeira. Posúe tres portas con arco de medio punto.
O altar maior ten un retablo renacentista con dúas imaxes da Nosa Señora das Virtudes de diferente tamaño, e un Santiago Matamouros. a parte superior ten un Cristo crucificado.
No seu interior consérvanse dous frescos con dúas inscricións, descubertas en 1970 despois de estaren cubertas con cal. No 2019 espérase unha intervención pois ambas pinturas corren perigo debido as filtracións de humidade polo muro da capela. Unha delas, na parede norte, sobre a súa fundación a comezos do século XVI:miniatura|Relato do milagre do salvamento de Domingo de Caranza, atribuído á virxe.|alt=Relato do milagre do salvamento de Domingo de Caranza, atribuído á virxe.
A outra, de 1606, sobre a parede sur, o relato dun milagre:
miniatura|Detalle do arco de separación central da igrexa.
Este fresco é o único mural sobre temas do mar do s. XVII en Galicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A Nosa Señora das Virtudes da Ponte Transcrición sobre a batalla de Arante.
Categoría:Ribadeo Ponte Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Santuarios de Galicia Ponte