Reginald Ryedell Bullock, nado o 16 de marzo de 1991 en Baltimore, Maryland, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 m e xoga nas posicións de escolta e ala.
Traxectoria profesional Bullock foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Los Angeles Clippers. O 11 de xullo de 2013, asinou o seu primeiro contrato coma profesional cos Clippers. Fixo o seu debut na NBA o 29 de outubro de 2013 contra os Los Angeles Lakers, anotando dous puntos.
O 15 de xaneiro de 2015, Bullock foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Boston Celtics.
O 9 de xullo de 2015, Bullock foi traspasado xunto a Danny Granger e Marcus Morris ós Detroit Pistons a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.
O 6 de febreiro de 2019, Bullock foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Svi Mykhailiuk e unha futura elección da segunda rolda do Draft.
O 16 de xullo de 2019, Bullock asinou cos New York Knicks.
O 6 de agosto de 2021, Bullock asinou cos Dallas Mavericks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Houston Rockets