Francisco Porrúa, nado en Corcubión o 7 de novembro de 1922 e finado en Buenos Aires o 18 de decembro de 2014, foi un editor e tradutor galego emigrado na Arxentina. Foi o tradutor ao español da triloxía de J. R. R. Tolkien O Señor dos Aneis, así como editor de Cien años de soledad ou Rayuela entre outras destacadas. Porrúa foi o fundador de Ediciones Minotauro a maior editorial dedicada á ciencia ficción en lingua castelá.

Traxectoria

Francisco Porrúa chegou con dous anos coa súa familia á Patagonia, á cidade costeira de Comodoro Rivadavia, asentamento petroleiro co nome na honra de Martín Rivadavia, de ascendencia galega. Pero nove anos despois a súa nai enferma e volve con ela a Galicia, á cidade de Ferrol, onde traballaba o seu avó Francisco Fernández Abelenda como notario. Alí reside tres anos pasando os veráns en Corcubión e algúns períodos máis curtos en Oza dos Ríos. Emigrou de novo, pasando primeiro por Comodoro Rivadavia, ata que rematados os estudos secundarios se trasladou a Buenos Aires para comezar estudos en Filosofía e Letras. En Buenos Aires estuda e traballa en cuestións de imprenta, traducindo e corrixindo artigos para enciclopedias.

Obra Inmerso na lectura de ciencia ficción, Porruá declara que inspirado por un artigo publicado en “Les temps modernes” escrito por Boris Vian e Stéphane Spriel “Un nouveau genre littéraire: la science-fiction”, en 1954 fundou Ediciones Minotauro, referente do xénero en idioma castelán. (2014): "Francisco Porrúa, editor de Minotauro: Fundación,consolidación y venta de un punto de vista", en III Congreso Internacional de Literatura y Cultura Españolas Contemporáneas. La Plata. Segundo a Universidade de Guadalajara un ano despois da creación do proxecto publícase o seu primeiro título: Crónicas marcianas, de Ray Bradbury, con prólogo de Jorge Luis Borges.En 1957, Francisco Porrúa foi nomeado asesor da Editorial Sudamericana, fundada por arxentinos e españois radicados en Buenos Aires. En 1962, convértese en director literario da compañía, até 1972. Actualmente a editorial é un selo do grupo Penguin Random House. Durante o período que estivo á fronte publicáronse as primeiras edicións de Las armas secretas (1959) e Los premios (1960) de Julio Cortázar. No seu traballo como editor publica textos antigos do poeta arxentino Leopoldo Marechal (1900-1970) e do novelista Adán Buenosayres (1900-1970), así como de Sergio Pitol, Álvaro Mutis, Alejandra Pizarnik, Antonio Cisneros, Alberto Girri, Hector Bianciotti, Juan José Saer, Severo Sarduy, Clarice Lispector, Antonio Skármeta e Manuel Puig.

Na área académica editou volumes de filosofía como obras de profesores latinoamericanos e da escola de Frankfurt.

En 1963 editou Rayuela de Julio Cortázar. No ano 1965 Porrúa contactou con Gabriel García Márquez para publicar as súas primeiras catro obras, pero o autor informouno de que os dereitos pertencían a editoriais mexicanas: a editora Era e á Universidade Veracruzana. Tras a proposta de Porrúa, García Márquez ofertoulle por carta a publicación da súa quinta obra, Cien años de soledad. Porrúa aceptou inmediatamente e en 1967 apareceu no catálogo de Sudamericana.

Traballou como tradutor, en ocasións con pseudónimos como Francisco Abelenda, Ricardo Gosseyn, José Valdivieso ou Manuel Figueroa.

Entre 1957 e 1964 redactou numerosos artigos para revistas e xornais arxentinos sobre ciencia, música e literatura. En 1973 deixa a Editorial Sudamericana e catro anos despois instalouse en España como director literario de Edhasa e cabeza de Minotauro.

É neste período cando presenta en castelán O Señor dos Aneis (1977), de J. R. R. Tolkien, e obras de J. G. Ballard, Philip K. Dick, Angela Carter, Doris Lessing, Gore Vidal, William Burroughs, Kurt Vonnegut, William Gibson, Anthony Burgess, William Golding ou Arno Schmidt entre outros.

Baixo o selo de Edhasa introduce en España a novela histórica con pezas de John Steinbeck, Robert Graves e Marguerite Yourcenar, e edita os Aforismos de G. Lichtenberg. En 1992 fundou a editorial Interzona, que en 2004 anuncia a publicación dunha antoloxía temática de Julio Cortázar."Francisco Porrúa Pérez", na Enciclopedia de la literatura en México En 2001 vendeu Minotauro á editorial Planeta e catro anos máis tarde funda a editorial Porrúa, de escasa actividade.Libros de Editorial Porrúa,na páxina web de Marcial Pons

Finou en Barcelona o 18 de decembro de 2014 de pneumonía.

Notas

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes