Alfonso Otero Regal, nado en Nois (Foz) o 27 de xuño de 1952, é un artista e artesán galego. A súa produción artística vai do expresionismo á arte conceptual. Formado inicialmente no debuxo e a pintura, desenvolveu a súa creación na cerámica e fixo incursións en áreas artísticas como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo. Dende a década de 1970 reside en Viveiro. Traxectoria

Formación Estudou pintura con Juan Bautista Puchades Quilis en Mondoñedo, na Escola Massana (Barcelona) e no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas en Barcelona. Desde finais dos anos 60 formouse en técnicas de debuxo e pintura e posteriormente en cerámica. Continuou a ensinar e traballou con alfareiros ata que chegou a Zaragoza onde traballou con Andrés Galdeano realizando murais e varias obras. En 1968 realizou a súa primeira exposición en Mondoñedo.

En 1982, a partir do seu propio taller de cerámica utilitaria, creou Regal-Cerámicas. En 2002 mercou a antiga fábrica de curtidos en Viveiro, en ruínas, para crear o complexo multicultural Regal-Xunqueira. O espazo ten unha área de 2000 m² distribuídos en catro niveis diferentes. Ten talleres de cerámica, cun forno de 12 000 kg que permite a cocción de ata seiscentas pezas a un tempo. Nunha zona desenvolve o proceso de produción comercial, e noutra atópanse as creacións as obras do artista, xunto coas pezas cerámicas xa descontinuadas. A fachada principal e o patio están decorados con murais do autor. Foi profesor de cerámica en talleres ocupacionais e talleres escolares, profesor e promotor dun centro de formación para os mozos, e tamén imparte cursos de rakú, (unha técnica oriental de facer cerámica), serigrafía cerámica e carpetas cerámicas en varios lugares España.

Obra Realizou murais cerámicos en institucións públicas e privadas e o seu traballo atópase en museos, fundacións e coleccións privadas en España, Europa, os Estados Unidos e o Xapón.

Ilustrou os libros Soños coma xógaras, de Xaime Oroza; Dende Mañá, tamén de Xaime Oroza; Entre Nois e Pena Orxal, Traca-traco de Paco Rivas; A maruxaina e outras sereas, de Paco Rivas e Pablo Mosquera; Os propietarios da paisaxe son nenos, de Alberto Zurdo; Memoria e soño (1996), Nas varandas do abrente (2000), Ás catro augas (2004) e Linguaxes (2005) de Xoán Neira; Sesenta e nove, de Xosé Díaz.

Recoñecementos Premio Nacional de Cerámica en 2011 na categoría Promociona para Entidades Privadas. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Foz Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes