A Carta de Cambon é unha carta escrita o 4 de xuño de 1917 por Jules Cambon, director da sección política do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, ao diplomático sionista Nahum Sokolow. A carta expresa as simpatías do goberno francés sobre a colonización xudía en Palestina. Considérase como un precursor político esencial da Declaración Balfour.
Historia O 11 de marzo de 1916, nun telegrama aos embaixadores ruso e francés, Edward Grey propuxo que os Aliados emitiran unha declaración conxunta apoiando as aspiracións xudías en Palestina. Verete, no seu relato sobre os desenvolvementos que deron lugar a esta proposta, explicou:
O historiador Martin Kramer suxire que asegurar a aprobación dos aliados franceses e americanos dos británicos, e do Vaticano, que controlaba moitos dos Lugares Santos na Terra de Israel, era unha condición necesaria para a Declaración Balfour
Tanto o diplomático británico Mark Sykes como o francés François Georges-Picot estaban en Petrogrado nese momento aconsellando aos seus embaixadores sobre a forma de que os rusos aprobasen o secreto acordo Sykes-Picot e os seus termos para a futura disposición de Palestina. Non houbo un grande entusiasmo sobre a proposta por parte dos franceses e os rusos. Brecher deu conta das motivacións e actitude francesas sobre a cuestión durante os anos da guerra.
Houbo poucos desenvolvementos ata o cambio de goberno en Gran Bretaña a pesar da necesidade de acomodarse cos franceses, tratando de manter os termos do acordo Sykes-Picot. Nun memorando datado o 21 de abril de 1917, Lord Cecil, quen foi o delegado de Lord Balfour como Secretario de Exteriores (Foreign Secretary) durante a Misión Balfour a América, escribiu que:
Organizouse unha viaxe a Francia e Italia para Mark Sykes, quen fora nomeado a comezos dese ano para liderar as negociacións cos sionistas, e o diplomático sionista Nahum Sokolow, durante abril e maio de 1917. Tras reunirse con varios oficiais franceses en abril, visitaron Italia, onde Sokolow logrou apoio verbal de Bieito XV o 4 de maio de 1917. Ao seu regreso a Francia, Sokolow conseguiu obter o compromiso francés por escrito, a carta de Cambon, aínda que quedou sen publicar nese momento.
Tanto Kramer como Kaufman dan máis información así coma unha análise dos antecedentes e motivacións da carta e da aprobación de Pichon posterior á Declaración Balfour.
Contido da carta O contido da carta é o seguinte:
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Declaración Balfour Ligazóns externas O apoio francés á causa sionista en 1917 en Balfour Project
Categoría:Historia de Israel Categoría:Primeira guerra mundial Categoría:1917 Categoría:Historia contemporánea de Francia Categoría:Historia de Francia do século XX