Kinnula é un municipio de Finlandia situado na rexión de Finlandia Central. En 2018 a súa poboación era de 1 650 habitantes. A superficie do termo municipal é de 495,71 km2, dos cales 35,53 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 3,59 hab./km².

Limita cos concellos de Kivijärvi, Pihtipudas e Viitasaari, pertencentes á súa mesma rexión, Lestijärvi e Perho na rexión veciña de Ostrobotnia Central, e Reisjärvi, pertencente á rexión de Ostrobotnia do Norte.

O concello é unilingüe en finés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Kinnula

Categoría:Municipios de Finlandia Central