miniatura|dereita|Praza de Emilio Campuzano en Bilbao. Emilio de Campuzano y Abad de Caula, nado en Santiago de Compostela o 16 de agosto de 1850 e finado en Bilbao en 1938, foi un enxeñeiro e profesor galego. Foi director da Escola de Artes e Ofícios de Bilbao, amais de profesor de xeometría, estereometría e debuxo. Tamén deu clase na Escola de Capataces de Minas da cidade vasca, e dirixiu a primeira instalación telefónica en Bilbao. Dá nome a unha praza na cidade, así como a un instituto no barrio de Atxuri.

Traxectoria Fillo de Manuel Campuzano e Joaquina Abad de Caula. O 9 de outubro de 1972 entrou como soldado-alumno na Academia do Corpo de Artillaría, no 6º rexemento montado, en Segovia. Solicitou a licenza absoluta o 1 de xuño de 1873, e regresou ao centro do 1 de outubro dese ano ao 30 de xuño de 1874.

Traballou para o exército, e durante a terceira guerra carlista foi ascendido a tenente, o 26 de maio de 1875. Cinco días despois foille asignado o 4º rexemento a pé. Logo de ser ascendido a capitán, licenciouse o 17 de abril de 1879.

Comezou a traballar como profesor na Escola de Artes e Oficios da capital biscaíña, onde estivo oito anos. Xunto cos irmáns Federico e José Echevarría Rotaeche, instalou as primeiras liñas telefónicas de Biscaia, tras concurso público convocado polo Concello de Bilbao en 1884. Logo da concesión gobernamental para a instalación da rede telefónica, o 25 de abril de 1887 constituíuse a sociedade colectiva mercantil regular Orduña y Compañía, que recibiu o seu nome de Carlos de Orduña Muñoz, enxeñeiro de estradas, canais e portos en Madrid. Campuzano foi administrador da rede, até a creación o 3 de xullo de 1889 da sociedade anónima Red Telefónica de Bilbao.

Tras o falecemento de Laureano Gómez Santamaría, sucedeuno como director da Escola de Artes e Oficios de Bilbao. O cargo foi ratificado o 6 de marzo de 1901 por unha comisión de membros do Concello e a Deputación de Biscaia. Mantívose no cargo até 1931. Nese período adaptou o ensino no centro aos novos currículos escolares, e en 1907 introduciu a docencia da lingua inglesa. En 1910 a escola mudouse para o barrio de Atxuri

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Enxeñeiros Categoría:Profesores