miniatura|240px|Catopuma badia en catividade en Sarawak, Malaisia, en 2005.

Catopuma é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamila dos felinos propios da China e a rexión Indomalaia.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, ser. 2, 10: 387.Wozencraft, W. C. (2005): "Order Carnivora". En Wilson, D. E. e Reeder, D. M. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Presss. ISBN 978-0-8018-8221-4, pp. 533–534.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, o xéneo coñeceuse tamén polo sinónimo: Badiofelis Pocock, 1932.

Clasificación Na actualidade recoécense as seguentes especies e subespecies no xénero:Catopuma Severtzov, 1858 no ITISCatopuma temminckii (Vigors and Horsfield, 1827) no ITIS.

Catopuma Severtzov, 1858 Catopuma badia (Gray, 1874) - gato de Borneo Catopuma temminckii (Vigors & Horsfield, 1827) Catopuma temminckii dominicanorum (Sclater, 1898) Catopuma temminckii temminckii (Vigors & Horsfield, 1827) Catopuma temminckii tristis (Milne-Edwards, 1872)

Características Ambas as especies son gatos de pequeno tamaño de cor parda avermellada, con marcas máis escuras na cabeza.

Hábitat e distribución Viven en ambientes boscosos do sueste Asiático. O gato de Borneo ten unha distribución limitada á illa de Borneo.

Evolución Orixinariamente pensábase que eran dúas subespecies do mesmo animal, pero análises xenéticas recentes confirmaron que son, inequivocamente, especies separadas.

As dúas especies diverxeron entre elas hai entre 4,95 e 3 millónes de anos, moito antes de que Borneo se separara das illas veciñas.Johnson, W. E. (1999): "Molecular genetic characterisation of two insular Asian cat species, Bornean bay cat and Iriomote cat". En: Evolutionary theory and processes: Modern perspectives, Essays in honour of Eviator Nevo. Dordrecht, Cabo Oriental, Suráfrica: Kluwer Academic Publishing. ISBN 978-9-4017-0443-4, pp. 223–248.

O seu parente vivo máis próximo é o gato marmorado (Pardofelis marmorata), do cal o antepasado común do xénero Catopuma diverxeu hai ao redor de 9,4 millóns de anos.Johnson, W. E., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murphy, W. J., Antunes, A., Teeling, E., O'Brien, S. J. (2006) "The late miocene radiation of modern felidae: A genetic assessment". Science 311: 73-77. download pdf

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kingdon, Jonathan (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Carnívoros Felinos

Ligazóns externas Catopuma en Ervolvy . Catopuma na EOL.

Categoría:Felinos Categoría:Mamíferos de Asia