Robert Upshur "Bob" Woodward, nado en Geneva (Illinois) o 26 de marzo de 1943, é un xornalista investigación estadounidense. A súa fama chegou cando axudou a desvelar o escándalo Watergate, que derivou na dimisión do presidente Richard Nixon. Aínda que devandita tarefa foi realizada xunto con Carl Bernstein, ambos reporteiros de The Washington Post, Woodward tiña o contacto con "Gorxa Profunda".
Traxectoria Graduouse na universidade Yale en 1965 e serviu cinco anos como oficial de comunicacións na Mariña dos Estados Unidos, antes de comezar a traballar como xornalista no Montgomery County Sentinel, en Maryland. Alí estivo un ano de reporteiro antes de pasar ao The Washington Post.
No xornal tivo como director a Ben Bradlee, de quen recibiu as indicacións para tratar as revelacións de "Gorxa Profunda" sobre Richard Nixon; con elas armou unha serie de notas que desataron o maior escándalo do país, o Watergate, nome do edificio onde estaban as oficinas do Partido Demócrata, en que un grupo de espías colocou micrófonos o 28 de maio de 1972 e o 17 de xuño, en que foron capturados. A pesar de que cinco días despois o presidente saíu a negar que alguén da Casa Branca tivese relación co caso, Woodward e o seu colega Carl Bernstein investigaron o caso para The Washington Post. Nese diario publicaron o 1 de agosto de 1972 que os espías foran pagados con fondos do Comité para a Reelección do Presidente.
As notas xornalísticas ían por diante da investigación do Comité Ervin do Senado e desta forma o prestixio dos xornalistas creceu ata que as súas denuncias, xunto coa acción das institucións, terminaron de cercar o presidente e forzaron a súa renuncia en agosto de 1974. Polo Watergate, coescribiu dous libros; o primeiro foi adaptado ao cinema como Tódolos homes do presidente, con Robert Redford e Dustin Hoffman interpretando a Woodward e Bernstein.
Polas súas investigacións, Woodward e Bernstein recibiron o premio Pulitzer en 1973.
Logo de gañar o Pulitzer continuou como xornalista estrela do xornal e en 1982 chegou a ser director editorial adxunto de noticias de investigación. Dedicouse ademais a escribir, investigando sectores clave do poder e da cultura dos Estados Unidos: a Corte de Xustiza, a Casa Branca, Hollywood, Wall Street, a CIA e as guerras posteriores ao 11 de setembro. Revisitou o caso Watergate con dous libros máis contra 1999 e 2005, á morte de Nixon e trala confesión de "Garganta Profunda".
Obra Woodward escribiu ou coescribiu trece libros que chegaron ao número un dos libros máis vendidos de non ficción nos Estados Unidos. All the President's Men (1974) sobre o escándalo Watergate; , número do 25 aniversario (1999) ; escrito con Carl Bernstein The Final Days (1976) sobre a dimisión de Nixon ; escrito con Carl Bernstein The Brethren (1979) sobre a Corte Suprema nos anos de Warren E. Burger; ; escrito con Scott Armstrong Wired (1984) sobre a morte de John Belushi e a cultura das drogas en Hollywood Veil: The Secret Wars of the CIA (1987) sobre as "guerra secretas da CIA durante a dirección de William J. Casey The Commanders (1991) sobre o Pentágono, a primeira administración Bush e a guerra do Golfo The Agenda (1994) sobre o primeiro mandato de Bill Clinton The Choice (1996) sobre a reelección de Bill Clinton Shadow (1999) sobre o legado do Watergate e os escándalos que salpicaron as seguintes administracións presidenciais Maestro (2000) sobre o xefe da Reserva Federal Alan Greenspan Bush at War (2002) sobre o camiño á guerra con Afganistán tralos atentados do 11 de setembro Plan of Attack (2004) sobre como e por que o presidente George W. Bush decidiu ir á guerra con Iraq The Secret Man (2005) sobre a revelación de Mark Felt, logo de máis de trinta anos, de que el era Gorxa Profunda. O libro foi escrito antes de que Felt o admitise, xa que estaba enfermo e Woodward esperaba que dun xeito ou outro, sairía á luz State of Denial: Bush at War, Part III (2006) sobre a administración Bush e a guerra en Iraq The War Within: A Secret White House History (2006–2008) (2008) Obama's Wars (2010) sobre o tratamento da administración Obama das guerras en Iraq e Afganistán The Price of Politics (2012) sobre Barack Obama e os intentos do líderes republicano e demócrata no congreso para restaurar a economía estadounidense e mellorar as condicións fiscais do goberno federal The Last of the President's Men (2015) sobre Alexander Butterfield, o axudante de Nixon que revelou as cintas secretas da Casa Branca que levaron á dimisión de Nixon Fear: Trump in the White House (2018),
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina persoal oficial Bob Woodward en The Washington Post
Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1943 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade Yale