miniatura|Os conventos cristiáns proporcionaban ás mulleres na Idade Media unha alternativa ó matrimonio. As mulleres na Idade Media reflectían a pirámide social xeral da Idade Media e, polo tanto, tiñan vidas moi diferentes segundo o estamento e a función para a que estivesen destinadas, mais, en xeral, adoptaban un papel subordinado respecto ao home, sendo relegadas á casa ou á vida relixiosa. Repetíase a relación de vasalaxe na esfera doméstica, onde os homes actuaban como os señores da casa. Aínda así, algunhas mulleres desafiaron estes modelos e cultivaron as ciencias, as artes e o pensamento.

As mulleres nobres miniatura|esquerda|Fiar a man foi unha forma tradicional de traballo feminino (ilustración c. 1170). As mulleres nobres tiñan un papel fundamental no mantemento das alianzas e dinastías no poder, e o seu matrimonio era arranxado desde a infancia para facer alianzas políticas, aínda que non se realizase de forma efectiva até a puberdade. O marido pasaba a ter o control da vida da muller,McDougall, Sara (2013). "Women and Gender in Canon Law". Dentro de Judith Bennett e Ruth Mazo Karras, Oxford Handbook of Women and Gender in Medieval Europe. Oxford: Oxford University Press. que se mudaba a vivir nas súas posesións. Existía a figura do matrimonio secreto, no que unha parella casaba e consumaba a unión e despois anunciábaa en público para escapar de casamentos forzosos, mais era unha figura perseguida polas familias. A Igrexa, con todo, recoñecíao, para garantir a primacía do sacramento sobre as presións do poder secular. Os escritos destinados aos confesores conteñen moitas especificacións sobre sexo dentro do matrimonio, restricións que se aplicaban sobre todo para os días nos que non se podían manter relacións sexuais, e a fidelidade das mulleres para garantir a pureza do sangue dos herdeiros. O adulterio feminino foi castigado con dureza,Joyce E. Salisbury, ed., Sex in the Middle Ages: A Book of Essays (New York: Garland Publishing, Inc., 1991), porque interfería na sucesión lexítima, ademais de ser considerado un pecado de luxuria.

Dado que moitos matrimonios se celebraban entre homes máis vellos que as mulleres para garantir a fertilidade da esposa, a figura da viúva tornouse común. Se os nenos eran menores de idade, a viúva podía converterse na herdeira legal das terras do marido, feito que provocou que varias mulleres acadasen grandes cotas de poder. A esperanza de vida era, con todo, menor nas mulleres que nos homes, non só polas mortes durante o parto, senón por unha dieta insuficiente en ferro.Bullough, Vern; Campbell, Cameron (1980). "Female Longevity and Diet in the Middle Ages". Speculum. Cambridge: Medieval Academy of America, Cambridge University Press. 55 (2) Só as guerras e as epidemias equilibraban a pirámide demográfica. Esta situación revertiuse ao final do período, coa mellora xeral na alimentación.

Nos períodos e rexións onde a monarquía tiña máis poder, as raíñas adoptaron papeis máis activos,Gaude-Ferragu, Murielle, La reine au Moyen-Âge: le pouvoir au féminin, XIVe-XVe siècle, Paris, Tallandier, 2014 mentres que onde o poder real se diluía en favor de condes e baróns, as mulleres nobres perdían capacidade de acción.

miniatura|Aliénor de Aquitania foi unha muller rica e poderosa. Unha das principais ocupacións das mulleres nobres era a costura. Fiar e bordar considerábanse actividades apropiadas para elas, xa que pertencían ao ámbito doméstico e impedíanlles estar ociosas, feito que podía facelas caer no pecado da preguiza ou a ocuparse de asuntos inadecuados. Tiñan cámaras separadas, con serventas de rango, para evitar que se mesturasen con potenciais amantes.

As mulleres que accederan a unha educación destacaron moitas veces polo refinamento da vida cortesá, como por exemplo aquela ligadas aos trobadores. A poesía e a música ocupaban unha boa parte do día destas persoas, que se mostraban como un modelo de elegancia para outras mulleres. A misoxinia da época viuse reflectida en numerosos escritos que criticaban o acceso das mulleres á formación e ridiculizaban a señora moi instruída. A Igrexa moitas veces advertía contra os tipos de libros que poderían ser axeitados para a mente feminina, xa que a lectura feminina aumentaba en tempo de paz pola cantidade de horas libres que tiñan as mulleres da liñaxe alta.

En ocasións, as mulleres tomaron parte na guerra, ou para defender o castelo dirixindo os soldados en ausencia ou morte do marido, ou como acompañantes dos seus maridos nas cruzadas,J. Heers, La primera cruzada, Barcelona - Buenos Aires - México - Santiago de Chile, Editorial Andrés Bello, 1997 que, como campañas que duraban meses moitas veces trasladaban a xente de todo o feudo, incluíndo a familia, como por exemplo aconteceu con Berengaria de Navarra.

As relixiosas Os mosteiros femininos ofreceron oportunidades de formación e liberdade para as mulleres fóra do control da familia.Power, Eileen, Les femmes au Moyen Âge, Paris, Aubier Montaigne, 1979 Moitas das pensadoras e artistas do período están ligadas á vida relixiosa, xa que lles permitía dedicar parte do seu tempo ao exercicio intelectual, como por exemplo Hildegard von Bingen. Isto foi evidente, especialmente entre as monxas de clase alta, que pagaron bos dotes ao ingresar para garantir o mantemento. Como non podían ser ordenadas, as súas funcións nos conventos foron semellantes ás das cortesás. As abadesas dirixían estes complexos, que podían acumular terras, doazóns, e actuar como feudos, e que se converteron nunha figura importante de poder político e relixioso.

María era o modelo a seguir e, polo tanto, dela imitábase a modestia e a fe incuestionábel en Deus. Isto levou a algunhas discusións entre os bispos e determinadas relixiosas, cuxa influencia non estaba ben vista entre as ordes masculinas e ás que se lles instaba a permanecer en silencio traballando nas tarefas domésticas e cantando loanzas a Xesús. O culto a María, de crecente importancia dentro da Igrexa Católica desde o século XI, acadou aínda máis prestixio nos conventos femininos, que parecían máis próximos á imaxe da Virxe. Influíu tamén nunha imaxe positiva da muller como ser anxelical que había que adorar e servir, mais tamén alguén fráxil e necesitado de protección. Este concepto coexistía co tradicional da muller como unha tentación, inspirado pola interpretación da figura de Eva.

Á marxe da entrada en mosteiros, existían moitos outros movementos relixiosos protagonizados por mulleres. O máis famoso é que o das beguinas, que non querían ser monxas, mais si vivir dedicadas a servir a Deus. Aínda que a miúdo vivían en beguinaxes ou centros comunitarios, non se apartaban da vida secular e estaban moi presentes no espazo urbano de varios países europeos, facendo o traballo social, instruíndose e educando as nenas. Esta tarefa pública combinábase coa meditación e a oración. Algunhas beguinas escollían unha vida solitaria, mantendo un celibato voluntario. En principio, foron eloxiadas pola súa piedade, mais logo foron perseguidas polo seu cuestionamento das estruturas da Igrexa e polas súas prédicas heterodoxas.

O estamento non privilexiado As campesiñas compartían as tarefas de cultivar a terra, o coidado dos animais e algúns tarefas domésticas cos seus maridos. Normalmente, encargábanse da colleita dos froitos case en exclusiva.Whittle, Jane (2010). "Rural Economy". Dins Bennett, Judith M.; Mazo Karras, Ruth. Oxford Handbook of Women and Gender in Medieval Europe. . A lavandaría, a cociña e o coidado dos nenos tamén pertencía ás mulleres. A familia xeralmente tiña dúas comidas, xantar e cea, e ás veces tomábase un almorzo lixeiro se esperaba unha xornada dura fisicamente. Era necesario cociñar o pan no forno común, preparar as verduras e os complementos, e, se a familia tiña máis ingresos, asar unha peza de carne ou facer un guisado. Cada casa tiña unha lareira no cuarto principal, onde as mulleres da casa cociñaban e conservaban a comida afumándoa ou salgándoa para o seu consumo posterior.

Durante o feudalismo, os servos eran considerados unha propiedade máis do señor e, polo tanto, as parellas tiñan que pedir o seu consentimento para casar. Ademais, legalmente, o nobre tiña o dereito de pernada sobre a primeira noite coa noiva,Schmidt-Bleibtreu, Hermann Friedrich Wilhelm. Jus Primae Noctis im Widerstreit der Meinungen. Bonn: Röhrscheid, 1988. aínda que esta relación adoitaba ter un valor simbólico. Para os campesiños non era necesario a miúdo facer oficial a unión, xa que non había moitos bens en conflito, e, polo tanto, a nova parella simplemente pasaba a vivir baixo o mesmo teito despois dunha festa coa veciñanza. Como ocorría nos estamentos privilexiados, a esposa dependía legalmente do seu marido para todo, e por esta razón ás veces, a viuvez era vista como unha liberación, porque, entón, a muller podía xestionar os bens da familia.Franklin, Peter (1986). "Peasant widows' "liberation" and remarriage before the Black Death". The Economic History Review. 39 (2). Unha excepción a esta regra foi a rexión do País Vasco, onde o primeiro fillo herdaba sempre as terras da familia, fose un neno ou unha nena, e esta situación levou a mulleres casadas que controlaban as propiedades e os maridos.

O media de fillos era de 8-10 por parella,Duby, Georges, Perrot, Michele, Histoire des femmes en Occident : le Moyen Age, volum 2, Plon, France, 1991 mais hai que considerar que moitos nenos non sobrevivían aos primeiros anos coa pobreza e as enfermidades. A infancia non era un período valorado, xa que era difícil manter os nenos pequenos, e moitos non sobrevivían para rendibilizar o investimento en forma de mans para traballar ou de apoio durante a vellez dos proxenitores. No caso das nenas, instábaselles a traballar dende moi pequenas a axudar nas tarefas domésticas, coidando os irmáns máis novos e a menstruación convertíaas en adultas porque podían casar e ter descendencia. Legalmente, este paso está recollido nos textos que se daba sobre os doce anos de idade.Esteban, Alfonso. La Condición de la mujer en la Edad Media: actas del coloquio celebrado en la Casa de Velázquez, del 5 al 7 de noviembre de 1984, páx. 190. Consultado o 12 agosto de 2016.

As prostitutas A prostitución ocasional era unha vía de saír da miseria,Findlen, Paula (2003). Beyond Florence: the Contours of Medieval and Early Modern Italy. Stanford: Stanford University Press. páx. 98. . especialmente naqueles casos nos que o marido morría sen deixar suficiente herdanza. Esta coexistía coa prostitución como unha profesión, perseguida pola Igrexa e o dereito secular, mais amplamente presente nas cidades medievaisRossiaud, Jacques (1988). Medieval prostitution. Barnes & Noble Books. . e é incluso xustificada como unha necesidade para evitar a violación das mozas virxes antes do matrimonio. Por esta razón, os prostíbulos moitas veces dependían das autoridades. As feiras e os mercados eran lugares de intercambios sexuais frecuentes e os cortesáns alternaban as prostitutas con relacións forzadas ou consentidas coas serventas dos castelos.

As prostitutas ían co cabelo solto, como un sinal do seu oficioDuby, Georges; Machado, Maria Lucia. História da vida privada 2 (São Paulo: Companhia das Letras). e nalgúns municipios estaban obrigadas a levar un distintivo cosido na roupa cando ían mercar, mais esta lexislación foi perdendo peso e a aparencia física difería pouco da das outras mulleres: era a posición social a que determinaba o luxo no vestido. Entre os seus costumes, hai que destacar que se lavaban máis que a poboación xeral. Se entre as persoas da cidade era habitual a hixiene completa unha vez ao mes e un mantemento semanal, as meretrices eran famosas por usar máis os baños e ser máis desexábeis para os seus clientes.