María Raquel Vázquez Ramil, nada na Coruña o 30 de decembro de 1960, é unha tradutora e profesora galega especializada en historia contemporánea e historia de xénero.
Traxectoria Licenciouse en Xeografía e Historia en 1983 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse cum laude en 1989 na mesma universidade grazas á tese La institución libre de enseñanaza y la educación de la mujer en España: la Residencia de Señoritas, 1915-1936. En 2006 obtivo o título de especialista universitario en Tradución Inglés-Español a través da UNED e entre 2003 e 2012 foi tradutora de autores como Neil Gaiman, G.K. Chesterton ou C. Isherwood e W. H. Auden.
Dende 2011, exerce como titora de distintas materias relacionadas coa Xeografía, a Historia da arte e a Historia do Mundo Contemporáneo nos centros UNED da Coruña e Lugo e dende 2012 como profesora de Xeografía e Ciencias Sociais na Escola Universitaria de Maxisterio CEU-Universidade de Vigo. Dende 2017 é profesora de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Valladolid (Campus de Soria).
Obras La Institución Libre de Enseñanza y la educación de la mujer en España: La Residencia de Señoritas (1915-1936) (2001) Mujeres y educación en la España contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la Residencia de Señoritas de Madrid (2012) La mujer en la II República (2014) María de Maeztu. Una antología de textos (2015), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha. A forxa da memoria. Historia de vida de Sara Soto (2015), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha En el Centenario del Instituto-Escuela. Obra educativa de los Institucionistas (2019), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha A casa del maestro de Pontevedra (1934-1936): organización societaria e depuración do maxisterio (2019), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha. La semilla de la Institución Libre de Enseñanza. Los primeros alumnos (2025), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
María Raquel Vázquez Ramil na Universidade de Valladolid
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores da Universidade de Valladolid