O Gran Premio de Italia de 1999 (oficicialmente o LXX Gran Premio Campari d'Italia) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de setembro de 1999 no Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia. Foi a décimo terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de . A carreira de 53 voltas gañouna Heinz-Harald Frentzen, pilotandoo un Jordan - Mugen-Honda, logo de que o McLaren de Mika Häkkinen, que buscaba defender o título de Campión de Pilotos, trompeou mentres lideraba comodamente. Ralf Schumacher foi o segundo no Williams - Supertec, con Mika Salo terceiro no Ferrari. O rival de Häkkinen, Eddie Irvine, terminou sexto noutro Ferrari, empatando así aos puntos co finlandés na parte superior do Campionato de Pilotos.

Aínda que a vitoria colocou a Frentzen a dez puntos de Häkkinen e Irvine, resultaría ser a súa última vitoria na Fórmula Un, así como a última para os fornecedores do motor Mugen. Foi tamén a única vitoria do equipo Jordan en condicións secas, as demais chegarían baixo a choiva.

Informe

Clasificación Entrando á carreira, Mika Häkkinen lideraba o Campionato de Pilotos por un só punto sobre o Ferrari de Eddie Irvine, co Jordan de Heinz-Harald Frentzen e o compañeiro de Häkkinen David Coulthard aínda con probabilidades matemáticas. Esperábase que Häkkinen obtivera bos resultados no rápido circuíto de Monza e logrou a pole medio segundo diante de Frentzen. Coulthard foi terceiro, mentres que Alex Zanardi, que tivo un pobre ano con Williams, foi cuarto, xusto por diante do seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher. Na terra de Ferrari, Irvine tivo unha mala sesión clasificatoria e só puido lograr o oitavo posto, detrás do seu compañeiro de equipo Mika Salo que cualificou sexto e do Stewart de Rubens Barrichello que asinara con Ferrari para substituír Irvine no en sétimo lugar. Completando os dez primeiros quedaron Damon Hill no segundo Jordan e Olivier Panis no Prost.

Carreira No inicio, Häkkinen liderou mentres Zanardi superou a Coulthard e Frentzen para o segundo posto. Frentzen rapidamente pasou a Zanardi, pero Coulthard caeu máis atrás, detrás de Schumacher e Salo. Mentres tanto, na parte de atrás da pista, o Minardi de Marc Gené enganchouse co Arrows de Pedro de la Rosa na chicana Roggia e converteuse no primeiro retirado, mentres que na segunda volta Giancarlo Fisichella de Benetton e Pedro Diniz de Sauber ambos trompearon na chicana Rettifilo.

Na volta 3, Zanardi pasou por encima dun piano e danou a parte inferior do seu coche. Amañouse para manter o terceiro lugar outras 15 voltas, mentres que Häkkinen e Frentzen afastáronse. Barrichello pasou a Coulthard na volta 11 e logo a Salo na volta 19, mentres que Zanardi deixou pasar a Schumacher na volta 18. Na volta 24, había máis drama na parte traseira, Toranosuke Takagi no segundo Arrows intentou superar Luca Badoer no segundo Minardi na Rettifilo, só para quedar detrás de Badoer e retirarse.

Barrichello superou a Zanardi na volta 26, Salo fixo o mesmo no inicio da volta 28. Neste punto, Häkkinen lideraba sobre Frentzen por oito segundos, e Schumacher recuperou dous segundos máis. Pero na volta 30, entrando en Rettifilo, Häkkinen cometeu un erro cambiando de marcha: metendo primeira no canto da segundaF1 Racing. outubro de 1999. e trompeou, nunha repetición virtual do seu erro non forzado en San Marino ao comezo do ano. Nun raro espectáculo de emoción, o finlandés rompeu en bágoas ao carón da pista.

Frentzen herdou o liderado xa que os pilotos de diante empezaron a facer as súas paradas. Cando se completaron, Salo pasara a Barrichello e era terceiro, mentres Coulthard e Irvine superaran a Zanardi e agora estaban quinto e sexto.

Durante as últimas voltas, Frentzen mantivo unha vantaxe cómoda sobre Schumacher, malia que o piloto Williams logrou a volta rápida da carreira na volta 48, mentres Coulthard intentou sen éxito atopar a forma de adiantar a Barrichello, permitindo que Salo alonxárase de ambos. A eventual marxe de vitoria de Frentzen foi de 3´2 segundos, con outros oito segundos sobre Salo e outros seis sobre Barrichello. Coulthard rematou medio segundo por detrás do piloto de Stewart, pero nove por diante de Irvine, que logrou o punto final.

Este punto empatou a Irvine con Häkkinen no Campionato de Pilotos con 60 puntos cada un, mentres que a vitoria puxo a Frentzen a dez puntos do primeiro con 50, e a Coulthard con 48. No Campionato de Construtores, Ferrari recortou a vantaxe de McLaren a seis puntos, 108 a 102.

Clasificación

Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Volta diferenza 1 1 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:22.432 2 8 Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:22.926 +0.494 3 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:23.177 +0.745 4 5 Alessandro Zanardi Williams-Supertec 1:23.432 +1.000 5 6 Ralf Schumacher Williams-Supertec 1:23.636 +1.204 6 3 Mika Salo Ferrari 1:23.657 +1.225 7 16 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:23.739 +1.307 8 4 Eddie Irvine Ferrari 1:23.765 +1.333 9 7 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:23.979 +1.547 10 18 Olivier Panis Prost-Peugeot 1:24.016 +1.584 11 22 Jacques Villeneuve BAR-Supertec 1:24.188 +1.756 12 19 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:24.293 +1.861 13 11 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:24.591 +2.159 14 10 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:24.593 +2.161 15 17 Johnny Herbert Stewart-Ford 1:24.594 +2.162 16 12 Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:24.596 +2.164 17 9 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:24.862 +2.430 18 23 Ricardo Zonta BAR-Supertec 1:25.114 +2.682 19 20 Luca Badoer Minardi-Ford 1:25.348 +2.916 20 21 Marc Gené Minardi-Ford 1:25.695 +3.263 21 14 Pedro de la Rosa Arrows 1:26.383 +3.951 22 15 Toranosuke Takagi Arrows 1:26.509 +4.077 fonte:

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 53 1:17:02.923 2 10 2 6 Ralf Schumacher Williams-Supertec 53 + 3.272 5 6 3 3 Mika Salo Ferrari 53 + 11.932 6 4 4 16 Rubens Barrichello Stewart-Ford 53 + 17.630 7 3 5 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 53 + 18.142 3 2 6 4 Eddie Irvine Ferrari 53 + 27.402 8 1 7 5 Alessandro Zanardi Williams-Supertec 53 + 28.047 4 8 22 Jacques Villeneuve BAR-Supertec 53 + 41.797 11 9 11 Jean Alesi Sauber-Petronas 53 + 42.198 13 10 7 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 53 + 56.259 9 11 18 Olivier Panis Prost-Peugeot 52 Motor 10 Ret 17 Johnny Herbert Stewart-Ford 40 Embrague 15 Ret 15 Toranosuke Takagi Arrows 35 Trompo 22 Ret 14 Pedro de la Rosa Arrows 35 Retirada 21 Ret 1 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 29 Trompo 1 Ret 19 Jarno Trulli Prost-Peugeot 29 Temperatura 12 Ret 23 Ricardo Zonta BAR-Supertec 25 Rodamento da roda 18 Ret 20 Luca Badoer Minardi-Ford 23 Colisión 19 Ret 10 Alexander Wurz Benetton-Playlife 11 Eléctrico 14 Ret 12 Pedro Diniz Sauber-Petronas 1 Trompo 16 Ret 9 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1 Trompo 17 Ret 21 Marc Gené Minardi-Ford 0 Colisión 20

Líderes por volta Mika Häkkinen 29 (1–29), Heinz-Harald Frentzen 23 (30–34, 36–53), Mika Salo 1 (35).

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen60 2 Eddie Irvine60 3 Heinz-Harald Frentzen50 4 David Coulthard48 5 Michael Schumacher32

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes108 2 Ferrari102 3 Jordan-Mugen-Honda57 4 Williams-Supertec30 5 Stewart-Ford17

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1999 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1