Francisco Rivas Domínguez, coñecido como Paco Rivas, nado en Cervo en 1955, é un filólogo, profesor e escritor galego.
Traxectoria Fillo dun garda civil de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) e dunha muller da Lavacolla (Santiago de Compostela), criouse en Nois (Foz). Estudou o bacharelato en Lugo e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (2018): Limiar, en De punta a chicote, de Paco Rivas (Ed. do Cumio, 2015).. Foi profesor de Lingua e Literatura galega e asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra.
Desenvolveu un amplo labor no ámbito da radio (Radio Cornellá, Radio Galega, Onda Cero, Radio Foz) en programas literarios onde fixo numerosas lecturas poéticas.
Obra Poesía Cantaruxos do meu mar e outras cantigas (1999). Santiago: Follas Novas. ISBN 978-84-85385-31-7. De ti, perdidamente (2002). Sada: Ediciós do Castro. 82 páxs. ISBN 9788484850700. Palavras Perdudas (2007). Deputación Provincial de Lugo. Entre Nois e Pena Orxal (2009). Concello de Foz. 152 páxs. ISBN 978-84-606-4945-8. Camiñante de ningures (2012). Santiago: Follas Novas. ISBN 978-84-695-4344-3. TRACA-TRACO. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo (2015). Vigo: Ed. do Cumio. 72 páxs. ISBN 978-8482894928. Romance de Don Dinís e Dona Helena (2022). A Coruña: Medulia. 62 páxs. ISBN 978-84-125532-0-8. Terra e mar (2024). A Coruña: Medulia. 56 páxs. ISBN 978-84-10324-10-7. Beixos Gallados (2025). Medulia. 118 páxs. ISBN 978-84-10324-53-4.
Infantil
Picaraxadas (2017). Noia: Toxosoutos. ISBN 9788494771958.
Narrativa Contos de onte para contar mañá (2007). Deputación de Lugo. 156 páx. ISBN 9788481923629. Mar… Usía. Relatos salpresados (2018). A Coruña: Baía Edicións. 141 páxs. ISBN 9788499952307. O paraugas na raiola e outros relatos (2019). A Coruña: Baía Ed. 152 paxs. ISBN 978-84-9995-314-4. A lúa non era lúa (2021). Ferrol: Embora. 56 páxs. ISBN 9788417824358. Relatos. Investigación Expresións e ditos populares da Área Mindoniense (1992). A gheada no concello de Ordes (1992). Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000). Centro Ramón Piñeiro. Dicionario Fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos (2005) De punta a chicote. Así falan os mariñaos (Locucións, ditos, refráns e outras combinacións frecuentes) (2015). Vigo: Ed. do Cumio. Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar (2016). Vigo: Ed. do Cumio.
Obras colectivas 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001). Homenaxe dos poetas de hoxe a Federico García Lorca contra a súa morte (2006). A gaita, o gaiteiro e as gaiteiras na poesía galega (1832-2012 (2012).
Notas
Categoría:Nados en Cervo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela