Toy Story of Terror! é un especial de televisión de 21 minutos producido por Pixar Animation Studios e Walt Disney Television Animation e estreado por Walt Disney Pictures. Está ambientado despois dos filmes Toy Story 3 e Toy Story Toons, e foi estreado na canle estadounidense ABC o 16 de outubro de 2013. Foi escrito e dirixido por Angus MacLane, producido por Galyn Susman, con Joan Cusack, Tom Hanks, Tim Allen, Don Rickles, Wallace Shawn, Timothy Dalton e Kristen Schaal nos seus papeis de Jessie, Woody, Buzz Lightyear, Mr. Potato Head, Rex, Mr. Pricklepants e Trixie, con Carl Weathers como Combat Carl e Stephen Tobolowsky como dono do motel. Michael Giacchino compuxo a música para o especial. A banda sonora do filme foi estreada o 15 de outubro de 2013, en Amazon.com e iTunes en formato dixital.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Angus MacLane