Es un Árbol é unha banda galega formada no ano 2003 en Vigo. O grupo forma parte do colectivo musical La Metamovida. No presente está composto por Rubén Abad, David Santos (os dous tamén en Cró!), Borja Fernández e Sergio Álvarez. Os seus membros definen a súa música como "rock absurdo".
O grupo leva publicados dous álbums de estudio ata a data. O primeiro deles, La Buena Nueva, autoeditárono en febreiro de 2012, e o segundo, En El Parlamento, apareceu en xullo de 2014 a través do selo Metamovida.
Discografía Álbum Ano Selo La Buena Nueva 2012 autoproducido En El Parlamento 2014 Metamovida
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Bandcamp do grupo
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 2003