Dois é unha banda galega de pop lo-fi formada no ano 2014 en Vigo. Ata a data leva publicado o EP Dois EP (2014) e o álbum Está Bien (2017).

Historia Dois fundárona a mediados de 2014 en Vigo o guitarrista e vocalista Óscar Raña (Puma Pumku), o baixista Guillermo Portas e o batería José Fran Novoa. A finais dese ano gravaron nos estudos Favela os temas que formarían parte do seu traballo de estrea, Dois EP, editadoe casete por A Seara o 9 de decembro.

O 16 de xaneiro de 2017 a banda publicou o seu primeiro álbum, Está Bien, a través dos selos Discos de Kirlian e Orphan Records. O disco foi gravado no estudio Terraforma do Hío por Ibán Pérez.

No ano 2018 Dois achegou o tema "Dominguero" ao recompilatorio de bandas galegas Galician Bizarre III, lanzado o día 16 de setembro.

Discografía Álbum Ano Selo Notas Dois EP 2014 A Seara EP Está Bien 2017 Discos de Kirlian/Orphan Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp do grupo

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais formados en 2014