Charles Stewart Mott Community College (usualmente acurtado Mott Community College ou abreviado MCC) é unha institución pública de ensino superior de Flint, Míchigan. Recibe o seu nome do político, home de negocios e filántropo Charles Stewart Mott. O College ofrece 61 graos asociados e 40 certificados preasociados. Tamén ten campus satélites en Clio, Fenton, Lapeer e Howell. A maioría dos estudantes proveñen de Genesee, Lapeer e o noroeste do condado de Oakland.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Charles Stewart Mott Community College

Categoría:Míchigan Categoría:Universidades públicas dos Estados Unidos de América