O mosteiro de Santa María de Penamaior é unha antiga abadía beneditina situado na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá.
Historia A referencia máis antiga deste mosteiro é do ano 922, cando Ordoño II encargou ó abade Virila a restauración do mosteiro de Samos, daquela en clara decadencia. Virila enviou 16 dos seus monxes até Samos a facer este traballo. Enténdese logo que Penamaior foi fundado nunha data anterior ó 922. Porén, semella que o edificio actual foi construído nunha data un pouco posterior, xa o tímpano da entrada foi gravado no 1177.
En 1188, dependía como priorado do mosteiro de Carracedo e é en 1203 cando Carracedo se afilia á abadía de Císter cos dez mosteiros que controlaba, entre os cales estaba o de Penamaior. En 1225, o mosteiro de Penamaior aparece co título de abadía que depende de Citeaux.
No ano 1505, o mosteiro afiliouse á Congregación de Castela, quedando unida a San Salvador de Salamanca e perdendo definitivamente a dignidade abacial. Penamaior era un dos mosteiros cistercenses máis pequenos de Galicia, cunha comunidade que contaba con tres membros, en 1584, ou sete, en 1803.
Galería
Notas
Véxase tamén Bibliografía Freire Camaniel, José: El monacato gallego en la alta edad media, Fund. Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1998. Pérez Rodríguez, Francisco Javier: Mosteiros de Galicia na Idade Media, Deputación Provincial de Ourense. Ourense, 2008. Seijas Montero, María: Los cistercienses en el sudoeste de Galicia a fines del Antiguo Régimen, Santiago de Compostela, 2009.
Outros artigos Mosteiros e conventos de Galicia
Penamaior Categoría:Mosteiros beneditinos de Galicia Categoría:Becerreá Categoría:Igrexas románicas de Galicia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo Penamaior