Steve McCurry, nado o 23 de abril de 1950 en Filadelfia, é un fotógrafo estadounidense, mundialmente coñecido por ser autor da fotografía A nena afgá, publicada na portada da revista National Geographic en xuño de 1985. É membro da axencia Magnum dende 1986.
McCurry recibiu numerosos premios, entre eles o Fotógrafo de Revista do Ano, outorgado pola National Press Photographers Association, ou a Medalla do Centenario da Royal Photographic Society. Amais, dúas das súas fotografías foron seleccionadas no primeiro posto do concurso World Press Photo.
Biografía
Estudos Comezou estudando Historia da Cinematografía e Cinematografía na Universidade Estatal de Pensilvania en 1968, pero rematou conseguindo o diploma en Artes Escénicas, graduánduse cum laude en 1974. Interesouse enormemente pola fotografía cando comezou a tomar imaxes para un xornal de Pensilvania, coñecido como The Daily Collegian.
Carreira fotográfica A súa carreira como fotógrafo comeza coa cobertura da guerra de Afganistán, alí disfrazouse coa vestimenta do país para pasar inadvertido ao traballar, e coseu os carretes á roupa para poder sacalos do país. As súas imaxes estiveron entre as primeiras que retrataron o conflito e tiveron unha ampla circulación. Este traballo fixo que en 1980 gañara a Medalla de Ouro Robert Capa á mellor reportaxe fotográfica no estranxeiro.
McCurry continuou cubrindo conflitos internacionais, como a guerra entre Irán e Iraq ou a guerra do golfo. O seu traballo foi publicado en revistas en todo o mundo, sendo un colaborador habitual de National Geographic.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Fotógrafos de Magnum Photos Categoría:Nados en Pensilvania