Pilar Pedrosa González de Castejón, nada en Madrid o 18 de novembro de 1948, é unha política galega do PPdeG. Traxectoria Filla de Antonio Pedrosa Latas. Foi secretaria de dirección e traballou no PPO en Madrid e en Mutualidades Laborales. Foi vogal da Asociación de veciños San Lázaro de Ourense, secretaria de acción territorial do distrito centro e secretaria da xunta local do PPdeG. Nas eleccións autonómicas de 1989 foi elixida deputada polo PPdeG. Volveu ser elixida deputada nas autonómicas de 1993.
A Mesa do Parlamento acordou, por unanimidade, concederlles a Medalla do Parlamento de Galicia 2026 ás nove deputadas autonómicas da IV Lexislatura que hai trinta anos participaron na Conferencia Mundial da Mulller celebrada en Beijing (entre elas Pilar Pedrosa), así como á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia