O ácido α-eleoesteárico ou ácido (9Z,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico, é un ácido graxo conxugado e un dos isómeros do ácido octadecatrienoico. Ás veces se lle chama simplemente ácido eleoesteárico, aínda que existe tamén o ácido β-eleoesteárico (o isómero todo-trans ou (9E,11E,13E)). Presenta un alto nivel de poliinsturación, que lle dá ao aceite de Vernicia fordii (ou aceite de tung) as súas propiedades como aceite secante.
Propiedades bioquímicas miniatura|esquerda|O ácido α-eleoesteárico supón un 60% do contido en ácidos graxos do aceite de Momordica charantia.
No traballo pioneiro sobre ácidos graxos esenciais de Burr, Burr e Miller compararon as propiedades nutricionais do ácido α-eleoesteárico (ELA) co do seu isómero o ácido alfa-linolénico (ALA). Este último aliviaba a deficiencia en ácidos graxos esenciais, pero o ácido α-eleosteárico non.
En ratas, o ácido α-eleoesteárico convértese nun ácido linoleico conxugado. O ácido α-eleoesteárico induce a apoptose de adipocitos, e de células HL60 de leucemia in vitro a unha concentración de 20 μM. As dietas que conteñen un 0,01% de aceite de semente de Momordica charantia (0,006% en forma de ácido α-eleoesterico) preveñen a carcinoxénese inducida por azoximetano en ratas.
Fontes O ácido α-eleoesteárico encóntrase en aceites extraídos de sementes; por exemplo, o contido en ácidos graxos do aceite de Vernicia fordii (chamado na China tung) ten un 82% de ácido α-eleoesteárico e o aceite de sementes de Momordica charantia (xeralmente chamado melón amargo) ten un 60%.
Notas
Categoría:Ácidos graxos