O ácido petroselínico é un ácido graxo que aparece de forma natural en varias graxas animais e graxas e aceites vexetais. É un po branco que se comercializa.ChemicalBook Quimicamente, clasifícase como monoinsaturado e omega-12, abreviado co número lipídico de 18:1 cis-6. Ten a fórmula CH3(CH2)10CH=CH(CH2)4COOH. É un isómero posicional do ácido oleico. Chámase petroselínico porque deriva do aceite de Petroselinum, que é o perexil.
Distribución na natureza
O ácido petroselínico foi illado primeiramente do aceite de sementes de perexil en 1909. Aparece en grandes cantidades en plantas das familias das Apiaceae, Araliaceae, Griselinia (Griseliniaceae) e en Garryaceae. Nas Picramniaceae, o ácido petroselínico é acompañado polo ácido tarírico. Ademais, atópase en menores cantidades noutras varias graxas de orixe animal e vexetal, incluíndo fontes humanas.
A distribución nas especies de ácido petroselínico como ácido graxo principal utilízase en quimiosistemática como unha proba dunha estreita relación entre varias familias das ordes Apiales e Garryales. Xunto co ácido petroselínico, o ácido oleico estaba presente en todos os casos examinados.
Produción e comportamento químico
O isómero trans do ácido petroselínico denomínase ácido petroselaídico.
En análises químicas, o ácido petroselínico pode separarse doutros ácidos graxos por cromatografía de gas de metil ésteres; ademais, unha separación de isómeros insaturados é posible por arxentación en cromatografía en capa fina.
Usos O ácido petroselínico pode utilizarse en cosmética.Kosmetische Verwendung von Petroselinsäure , Patent DE69927466T3
Notas
Categoría:Ácidos graxos