A palma de cera de Quindío (Ceroxylon quindiuense) é unha palmeira nativa dos vales altos andinos do Parque Nacional Natural Los Nevados, presente no val de Cocora do departamento do Quindío no eixo cafetero, Colombia.
Descrición En boas condicións, medra 60 metros, e mesmo até máis. É a máis grande monocotiledónea do mundo. As súas follas son verde escuras e agrisada, con pecíolos de máis de 2 m de lonxitude. O tronco é cilíndrico, liso e cuberto de cera. Cando as follas morren e caen, deixa un anel negro arredor do tronco. É unha especie protexida. Ceroxylon quindiuense ten un crecemento extremadamente alto, e vive máis de cen anos. Foi estudado por Alexander von Humboldt en 1801.
Ecoloxía miniatura|Panorama do Val de Cocora con palmas de cera. Esta planta constitúe un hábitat para moitas formas de vida, frecuentemente especies en risco de extinción como o ''Ognorhynchus icterotis'. Medra en grupos sobre as estribacións occidentais dos Andes, entre 2.500 a 2.800 msnm, con temperaturas oscilando entre 12 e 19 °C, e choivas media de 1800 mm/ano, en chans areosos de alta acidez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Henderson, A., G. A. Galeano & R. Bernal. 1995. Field Guide Palms Amer. 1–352. Princeton University Press, Princeton, New Jersey. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidade de Antioquia, Medellín.
Categoría:Palmeiras Categoría:Arecaceae Categoría:Símbolos de Colombia Categoría:Plantas descritas en 1860