Josefa María Barrera Izaguirre, nada como María del Carmen en Ferrol o 23 de marzo de 1881 e finada mártir en Madrid o 18 de novembro de 1936, foi unha relixiosa católica galega, beata da Igrexa católica. Traxectoria

Naceu en Ferrol en 1881. O 15 de outubro de 1918 entrou no primeiro mosteiro da Visitación en Madrid, das salesas, tomando o nome relixioso de Josefa María. Cando a comunidade marchou a Oronoz-Mugairi (Navarra), ela permaneceu en Madrid xunto a outras seis irmás da súa orde.

O 18 de xullo de 1936 deixaron o mosteiro e agocháronse nun piso na cidade. Logo de sufrir varios rexistros, foron denunciadas por relixiosas, e o 18 de novembro foron detidas e posteriormente fusiladas.

Culto Foi beatificada por Xoán Paulo II na basílica de San Pedro o 10 de maio de 1998, xunto a outras nove relixiosas (dúas irmás corazonistas, seis salesas, e unha carmelita descalza).As relixiosas beatificadas canda ela foron as salesas María Gabriela Hinojosa Naveros, Laura Cavestany Anduaga, Inés Zudaire Galdeano, María Felicita Cendoya Araquistain, Martina Olaizola Garagarza e Josefa Joaquina Lecuona Aramburu; as corazonistas Rita Josefa Pujalte Sánchez e Francisca Aldea Araújo; e a carmelita descalza Elvira Moragas Cantarero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1936 Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Mártires Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Beatos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos