O tapir de Baird (Tapirus bairdii) é unha especie de mamífero perisodáctilo da familia dos tapíridos, unha das catro especies americanas que existen de tapir. Poboa as selvas existentes entre o sur mexicano e o norte de Ecuador.

Descrición Alcanza entre 2 e 2,2m de lonxitude, 1m de alzada e 300 kg de peso. Presenta crina curta, fociño longo e robusto, pelame pardo a agrisado, o bordo da orella branco e o do beizo abrancazado a agrisado.

A xestación dura 400 días e nace unha cría de 8 a 9 kg, esta última pasará máis dun ano coa súa nai até alcanzar 2/3 do tamaño dela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas ARKive – images and movies of the Baird’s Tapir (Tapirus bairdii)

Categoría:Perisodáctilos Categoría:Animais descritos en 1865 Categoría:Mamíferos de Belize Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Mamíferos de Costa Rica Categoría:Mamíferos de Guatemala Categoría:Mamíferos de Honduras Categoría:Mamíferos de México Categoría:Mamíferos de Nicaragua Categoría:Mamíferos de Panamá