Athanasios "Thanasis" Antetokounmpo, nado o 18 de xullo de 1992 en Atenas, é un xogador grego de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). É o irmán máis vello de Giannis Antetokounmpo, ala dos Milwaukee Bucks, e de Kostas Antetokounmpo, ala-pivote dos Dallas Mavericks.

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Antetokounmpo foi seleccionado polos New York Knicks na 51ª posición do Draft da NBA de 2014. O 3 de novembro de 2014, fichou polos Westchester Knicks, afiliado dos New York Knicks na NBA G League. Fixo o seu debut na NBA o 29 de xaneiro de 2016, anotando dous puntos en dous minutos contra os Phoenix Suns.

O 8 de agosto de 2016, Antetokounmpo asinou co MoraBanc Andorra da Liga ACB.

O 11 de xullo de 2017, asinou un contrato de dous anos co Panathinaikos BC grego.

O 16 de xullo de 2019, Antetokounmpo asinou cos Milwaukee Bucks, reuníndose co seu irmán Giannis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Xogadores de baloncesto de Grecia Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores do BC Andorra Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks