O Omladinski košarkaški klub Beograd (en serbio cirílico: Омладински кошаркашки клуб Београд, Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado), máis coñecido como OKK Beograd, é un club profesional de baloncesto serbio con sede na cidade de Belgrado. Actualmente xoga na Košarkaška liga Srbije (KLS), a máxima categoría do baloncesto serbio. Fundando en 1945, o equipo xoga os seus partidos como local no Sportski centar Šumice, un pavillón inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores. Entre os seus títulos destacan catro Ligas e tres Copas de Iugoslavia.
Historia O Omladinski košarkaški klub Beograd, é dicir, o Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado, nace en 1945, pouco despois de finalizar a segunda guerra mundial. Ese mesmo ano comezaron o seu camiño outros dous clubs de prestixio da cidade de Belgrado: o Crvena zvezda (Estrela Vermella) e o Partizan. O club, que nace co nome de KK Metalac, xorde por iniciativa do Sindicato de Traballadores do Metal de Iugoslavia (Klonfera). En 1946, na súa primeira participación na Liga iugoslava, lograron a sexta posición.
En 1950 o club mudou o seu nome a KK BSK (Belgrado Sports Club), apelativo que manteñen até 1958 cando xa adquiriron a súa actual denominación. Estes anos foron o momentos máis difíciles do club, xa que non contaban con recursos e tiñan que xogar ao aire libre. Porén, en 1958 comeza a "era dourada" do club cunha xeración de xogadores entre os que estaban Radivoj Korać, Slobodan Gordić, Bogomir Rajković, Trajko Rajković, Miodrag Nikolić ou Milorad Erkić, dirixidos desde o banco por Borislav Stanković e Aleksandar Nikolić. En menos dunha década, o OKK Belgrado conseguiu catro ligas de Iugoslavia (1958, 1960, 1963 e 1964), así como dous trofeos de Copa (1960 e 1962). Nese mesmo período de tempo o club conseguiu chegar ás semifinais da Copa de Europa en tres ocasións, mais viron cortado o seu camiño á final en 1959 polo Academic Sofia, en 1964 polo Spartak Brno e en 1965 polo Real Madrid.
Pasados os anos gloriosos, os seus resultados caeron en picado. Porén, atinxiron a final da Copa Korać en 1972, na que perderon antre outro equipo iugoslavo, o KK Cibona, coñecido entón como KK Lokomotiva. Tiveron que pasar vinte e un anos até conseguir un novo triunfo, a copa de 1993. Desde o ano 2006 o OKK Beograd compite regularmente na liga serbia. O 14 de xuño de 2018, o club asinou un acordo de cooperación co Mega Basket.
Pavillón Desde o ano 2016 o OKK Beograd posúe un pavillón propio. Situado no barrio de Palilula, ao norte de Belgrado, recibe o nome de Hala Radivoj Korać Hall. Con todo, segue a xogar os seus partidos de Liga no Sportski centar Šumice, recinto inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores.
Títulos Liga de Iugoslavia Campións (4): 1958, 1960, 1963, 1964 Subcampións (1): 1962 Copa de Iugoslavia Campións (3): 1960, 1962, 1993 Subcampións (1): 1959
Xogadores Destacados
Radivoje Ostojić Prvulović Miroljub Denić Ratko Kašanin Pavle Kostić Aleksandar Hristić Bogdan Dimitrijević Mihajlo Kladarin Slobodan Nešić Ljubomir Lučić Aleksandar Nikolić Milan Tošić Bane Stanković Milorad Erkić Bogomir Rajković Marko Marković Radmilo Mišić Radovan Radović Slobodan Gordić Radivoj Korać Dragutin Tošić Miodrag Nikolić Brunislav Pavelić Trajko Rajković Sreten Savić Ljubiša Stanković Milorad Ivačković Miloš Bojović Zvonimir Petričević Momčilo Pazman Zoran Marojević Kosta Grubor Bogdan Tanjević Blaž Kotarac Branislav Tomić Žarko Knežević Milovan Simendić Rajko Žižić Blažo Stojanović Đorđe Bosnić Zoran Gavrilović Sreten Đurić Nebojša Nikolić Budimir Marojević Goran Ristanović Stanislav Bizjak Dragan Vulić Dušan Zupančič Zoran Radović Branko Vukićević Mile Stanković Milan Mlađan Danko Cvjetičanin Zoran Sretenović Đurica Stan Zoran Jovanović Pavle Živanović Miroslav Nikolić Vitomir Dragović Nebojša Mihajlović Vladimir Jokanović Aleksa Milosević Dragan Todorić Antun Karaman Zoran Tomić Predrag Bojić Vladeta Milovanović Andrija Lazović Vladan Živković Branislav Vićentić Slobodan Nikolić Predrag Bogosavljev Vladimir Kuzmanović Ivan Krasić Slobodan Kocić Slobodan Šljivančanin Nebojša Zorkić Nenad Trunić Slaviša Koprivica Milan Preković Božidar Vukazić Miroljub Mitrović Aleksandar Avlijaš Žarko Vučurović Momčilo Lavrnić Vojislav Gojnić Vladimir Micov Kimani Ffriend Paul Henare
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Serbia