Kathleen Bowden Murray, de solteira Kathleen Beauchamp, nada en Wellington (Nova Zelandia) o 14 de outubro de 1888 e finada en Fontainebleau (Francia) o 9 de xaneiro de 1923, foi unha escritora modernista neozelandesa coñecida co pseudónimo de Katherine Mansfield. Aos dezanove anos abandonou Nova Zelandia e estableceuse en Inglaterra, onde trabou amizade con escritores como D.H. Lawrence e Virginia Woolf. En 1917 foi diagnosticada con tuberculose extrapulmonar, que a levou á morte aos 34 anos.

Traxectoria miniatura|Katherine Mansfield House and Garden en Thorndon, Wellington. Katherine Mansfield naceu nunha familia socialmente prominente de orixe colonial, en Wellington, Nova Zelandia. Viviu cos seus pais, dúas irmás máis vellas, unha avoa e dúas tías adolescentes. Tivo tamén unha irmá máis nova e un irmán que naceu en 1894. O seu pai, Harold Beauchamp, era banqueiro e primo da escritora Elizabeth von Arnim. Chegou a presidente do Banco de Nova Zelandia e foi nomeado cabaleiro. A nai, Annie Beauchamp, era moi controladora, polo que Kathleen foi criada pola súa avoa. Isto produciuse porque a súa nai quería ter un fillo, o que provocou que ela lle estivese constantemente indicando que era un "accidente", e non mostrase interese por ela. En 1893, a familia mudouse a unha área rural, onde pasou os mellores anos da súa infancia e onde naceu o seu irmán Leslie.

En 1898, a familia volveu a Wellington e ela publicou a súa primeira historia na revista do colexio en 1898 e 1899. Os seus primeiros traballos publicados formalmente apareceron o ano seguinte na revista de sociedade New Zealand Graphic and Ladies Journal.Yska, Redmer, A Strange Beautiful Excitement : Katherine Mansfield's Wellington, Otago University Press, 2017 En 1902, namorouse do seu profesor de violoncello, pero non foi correspondida. Sentiuse rexeitada polos habitantes, polo que decidiu pedirlle aos seus pais que a enviasen a estudar a Londres. Os seus pais opuxéronse, pero tras moita insistencia deixárona marchar, xunto ás súas dúas irmás, ao Queen's College de Oxford. Á parte de ir a clases ao instituto, escribía tamén para a revista do mesmo e recibiu clases de violoncello. Entón coñeceu a súa amiga e despois amante, que tamén escribía, a surafricana Ida Baker (tamén coñecida como Lesley Moore). Mansfield non estivo involucrada en moitas actividades políticas mentres estivo en Londres e por exemplo non apoiou activamente o movemento sufraxista do Reino Unido (as muller neozelandesas tiñan o dereito ao voto dende 1893).

Cando terminou os seus estudos os seus pais ordenáronlle que regresase a Wellington. Arrepentiuse de volver, xa que non lle gustaba a vida en Wellington, un lugar que consideraba provinciano e afastado do mundo inglés, e regresou a Londres en 1908. A partir de entón e durante o resto da súa vida, o seu pai envioulle unha pensión anual de 100 libras esterlinas.

Para entón, en 1908, converteuse nunha boa violoncellista e soñaba con dedicarse profesionalmente á música, mais o seu pai non llo permitiu e nunca o fará realidade. Rapidamente converetuse nunha bohemia, como moitos artistas da súa época, e coñeceu un mozo chamado Garnet Trowell. Os pais deste opuxéronse á relación e esta rematou, aínda que ela quedou embarazada. Coñeceu un profesor de canto once anos máis vello ca ela, George Bowden, co que casou precipitadamente, pero abandonouno a noite de vodas. Cando informou os seus pais de que estaba embarazada, a súa nai, Annie, chegou a Londres a principios de 1909 e levouna a Bad Wörishofen, en Baviera, Alemaña, coa intención de manter o seu embarazo en segredo e deixar atrás o seu lesbianismo, xa que a súa nai tamén coñecía a súa relación con Ida Baker.

Nalgún momento no balneario alemán, sufriu un aborto natural e perdeu o bebé que esperaba. Volveu a Londres en xaneiro de 1910 e non volveu ver a súa nai. Alí publicou 12 historias en "New Age". Tamén mantivo unha relación coa esposa do seu xefe, Beatrice Hastings. Posteriormente, estas historias foron publicadas nun libro co título de Nunha pensión alemá, pero tivo pouco éxito. A pesar diso, enviou unha historia á revista "Rythym", pero esta foi rexeitada polo editor, John Middleton Murry, quen lle pediu algo máis "escuro". En 1911 ambos comezaron unha relación, e acabaron casando en 1918, pero foi unha relación intermitente, compartida con Ida Baker. Unhas veces está con Murry, outras con Baker, e outras con ambos, os tres vivindo xuntos. Contraeu gonorrea, que lle provocou artrite para o resto da súa vida. En 1912 a revista ten moitas débedas, xa que o socio de Murry marchou con parte do diñeiro gañado. Entón ela abandonou a Murry e a Baker e foi vivir a Francia con outro home. Porén, a relación non funcionou e decidiu volver a Londres con Murry. En febreiro de 1915, o seu irmán Leslie chegou a Londres, onde se estaba formando como oficial. Foi un momento feliz para ela, mais a alegría non durou moito, pois Leslie morreu na fronte en outubro dese ano.

A morte do seu irmán deixouna moi afectada, polo que comezou a refuxiarse nos seus recordos da infancia, cando vivía en Nova Zelandia, un lugar que antes lle parecía horrible. A pesar diso, a principios de 1916 entrou na súa época máis produtiva e a súa relación con Murry mellorou. En decembro de 1917, enfermou de tuberculose, polo que comezou a viaxar por toda Europa buscando unha cura para a enfermidade. A pesar diso, a súa saúde empeorou e tivo unha forte hemorraxia da que logrou recuperarse en marzo de 1918. Para abril, xa conseguiu divorciarse de George Bowden, e casou con Murray, pero separáronse dúas semanas despois.

Publicou o seu segundo libro de historias, Prelud. Durante o inverno de 1918, ela e Ida Baker vivían nunha vila de San Remo, en Italia, onde Murry chegou para pasar o Nadal con elas. A relación con Murry foi distante a partir dese momento, xa que vivían separados, el en Londres e ela en Italia. Mentres estaba en Italia recibiu a visita do seu pai, que enviuvara recentemente. A partir de entón empezou a buscar desesperadamente cura para a tuberculose, mesmo con algúns métodos pouco ortodoxos.

En 1920 publica o seu terceiro libro con historias Bliss, o cal foi un grande éxito. Posteriormente, en 1921, trasladouse a Suíza, onde escribiu "The Voyage". Un ano despois publicou o seu cuarto libro de historias, Festa no xardín. Viaxou a París, onde se aloxou nun balneario preto de Fontainebleau, e foi visitada por Murry o 9 de xaneiro de 1923. Na tarde dese día sufriu unha segunda hemorraxia pulmonar que lle provocou a morte aos 34 anos.

Murry colleu todo o que escribira e levouno a Londres para publicalo. Preparou unha serie de historias e publicounas nun libro titulado The Doves' Nest ese mesmo ano. O ano seguinte fixo o mesmo con outras historias nun libro titulado Something Childish. Posteriormente publicou tamén o seu diario The Journal of Katherine Mansfield (1927) e Cartas de Katherine Mansfield (1928).

Obra Coleccións Nunha pensión alemá (1911), Bliss and Other Stories (1920) The Garden Party and Other Stories (1922), The Doves' Nest and Other Stories (1923), The Montana Stories (1923) Poems (1923), Something Childish and Other Stories (1924), The Journal of Katherine Mansfield (1927, 1954), The Letters of Katherine Mansfield (2 vols., 1928–29) The Aloe (1930), Novels and Novelists (1930), The Short Stories of Katherine Mansfield (1937) The Scrapbook of Katherine Mansfield (1939) The Collected Stories of Katherine Mansfield (1945, 1974), Letters to John Middleton Murry, 1913–1922 (1951), The Urewera Notebook (1978), The Critical Writings of Katherine Mansfield (1987), The Collected Letters of Katherine Mansfield (4 vols., 1984–96) Vol. 1, 1903–17, Vol. 2, 1918–19, Vol. 3, 1919–20, Vol. 4, 1920–21, The Katherine Mansfield Notebooks (2 vols., 1997), The collected poems of Katherine Mansfield, editado por Gerri Kimber e Claire Davison, Edimburgo: Edinburgh University Press, ,

Relatos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Katherine Mansfield – The Early Years, Gerri Kimber, Edinburgh University Press, 2016, The Life of Katherine Mansfield, Anthony Alpers, Oxford University Press, 1980 Katherine Mansfield: A Darker View, Jeffrey Meyers, Cooper Square Publishers, 2002, Katherine Mansfield: The Story-Teller, Kathleen Jones, Viking Penguin, 2010, Kass, Maura Del Serra, "Astolfo", 2, 1998, pp. 47–60

Ligazóns externas Páxina oficial Katherine Mansfield Society Katherine Mansfield archive at the Newberry Library Literary Encyclopedia biography Works by Katherine Mansfield at Project Gutenberg Australia Katherine Mansfield at Fontainebleau Audio discussion about Katherine Mansfield and her female lovers, PrideNZ.com Katherine Mansfield at the British Library

Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Wellington Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1923