Cefoxitina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas.

Espectro de acción Cefoxitina é activa fronte a bacterias grampositivas (Staphylococcus aureus, Staphylococcus epidermidis, Streptococcus agalactiae, Streptococcus pneumoniae, Streptococcus pyogenes), agás Enterococcus, aínda que cun menor índice de actividade ca cefazolina. Ten actividade fronte a Clostridium (agás Clostridium difficile), Neisseria e algunhas enterobacterias (Escherichia coli, Klebsiella e Proteus mirabilis). Tamén ten certa eficacia fronte algúns microorganismos anaerobios: Fusobacterium e Bacteroides. Algunhas especies de Bacteroides fragilis poden ser resistentes a cefoxitina.

Dosificación A dose estándar é de 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30). Está incluído na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo.

Notas

Categoría:Antibióticos