miniatura|150px|Un pasteliño kringle Os dominios kringle son dominios proteicos autónomos que se dobran formando grandes bucles estabilizados por tres pontes disulfuro. Son importantes nas interaccións proteína-proteína con factores de coagulación. A denominación kringle procede do nome dun pastel tipo rosquilla escandinavo cuxa forma lembra á deste dominio.

Os dominios kringle atopáronse no plasminóxeno, factores de crecemento de hepatocitos, protrombina e apolipoproteína(a).

Os dominios kringle encóntranse nas proteínas de coagulación sanguínea e fibrinolíticas. Crese que estes dominios xogan un papel na unión de mediadores (por exemplo, membranas, outras proteínas ou fosfolípidos) e na regulación da actividade proteolítica. Os dominios kringle caracterízanse por ter unha estrutura en triplo bucle con tres pontes disulfuro, cuxa conformación é definida por varios enlaces de hidróxeno e pequenos fragmentos de folla beta antiparalela. Atópanse en diverso número de copias nalgunhas proteínas plasmáticas como a protrombina e activador do plasminóxeno de tipo uroquinase, que son serina proteases que pertencen á familia de peptidases S1A de MEROPS.

Proteínas humanas que conteñen este dominio ATF; F12; F2; HABP2; HGF; HGFAC; KREMEN1; KREMEN2; LPA; LPAL2; MST1; PIK3IP1; PLAT; PLAU; PLG; PRSS12; ROR1; ROR2;

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O dominio kringle en PROSITE Entrada sobre o dominio KR na base de datos SMART Imaxe do dominio kringle, en Estrutura da protrombina

Categoría:Dominios proteicos Categoría:Proteínas periféricas de membrana