Josep Maria Serra i Julià, nado en Mataró o 11 de marzo de 1811 e finado en Benicàssim o 8 de setembro de 1886, foi un relixioso catalán, misioneiro con Rosendo Salvado en Australia e fundador da orde de Oblatas do Santísimo Redentor.

Traxectoria Orixes e primeiros anos Era fillo de Josep Serra i Fuster, comerciante, e mais de Teresa Julià. Con once anos quedou orfo, e educouse en Barcelona. Tomou o hábito bieito en 1827 no mosteiro de San Martiño Pinario, tomando o nome relixioso de Benito. Estudou despois en Iratxe (Navarra) e Oviedo, ata a súa ordenación sacerdotal o 19 de marzo de 1835"José María Benito Serra" hermanasoblatas.org. Nese ano suprimíronse as ordes relixiosas en España e Serra marchou a Italia entrando na abadía de La Cava, próxima a Nápoles.

Estada en Australia En 1844 partiu voluntario de misioneiro a Australia, desembarcando en Elizabeth o 8 de xaneiro de 1846. Alí estableceu unha comunidade con catro relixiosos bieitos, entre eles Rosendo Salvado, que edificaron preto de Perth o mosteiro de New Norcia (1847). O día 9 de xullo de 1847 foi nomeado bispo de Port Victoria, e volveu a Europa para obter axuda financeira e persoal para continuar a misión en Australia. En Roma consagrouse bispo o 15 de agosto de 1848, pero por conflitos entre John Brady, o vigairo de Australia Occidental, e a curiaChristopher Dowd (2008) Rome in Australia: The Papacy and Conflict in the Australian Catholic Missions, 1834-1884 BRILL p. 136 e ss. decidiuse mudarlle o título a bispo coadxutor de Perth e bispo titular de Daulia (1849).

En decembro de 1849 volveu a Australia, con máis cartos e corenta relixiosa e artesáns. Tivo desavinzas con Salvado e estableceu un mosteiro nos arredores de Perth co nome de New SubiacoRegina Ganter (2018) The Contest for Aboriginal Souls: European Missionary Agendas in Australia. ANU Press, p. 18, e tamén conflitos con Brady, que non quería aceptalo como coadxutor de Perth e pretendía controlar os recursos logrados en Europa, só unha visita disciplinaria do arcebispo Polding en 1852 resolveu o problema. Xa arredado dos labores misioneirosAlejandro María Masolive (1981) Història del monaquisme cristià: Els segles XIX i XX, el monaquisme oriental, el monaquisme femení L'Abadia de Montserrat, p. 50, entre 1851 e 1862 foi administrador apostólico diocese de Perth, ampliou o igrexa existente e construíu novos templos en Fremantle, Guildford, Toodyay, York, Dardanup, Albany e Bunbury, ademais de escolas en Perth mais en Fremantle. Interesouse polas condicións de vida dos presos de Rottnest Island. Con Salvado escribiu unha Historia del origen, padecimientos, progresos, y porvenir de las misiones catolicas de Nueva-Holanda que se publicou en Barcelona en 1850.

En 1853 visitou Europa por razóns de saúde, e volveu para Australia en 1855 con novos misioneiros e algunhas irmás. Tivo conflitos co gobernador por causa da educación e das escolas independentes. O seu carácter impedíalle chegar a acordo ningún, e Rosendo Salvado tivo que resolver os problemas. Entrementres Serra desentendíase da fundación de New Norcia centrándose nas novas misións e no mosteiro de Subiaco, próximo a Perth, e mais tamén no traballo pastoral na diocese. Finalmente New Norcia logrou a autonomía de Perth en 1859.

Volta a España Serra volveu a Europa para conseguir que New Norcia volvese á xurisdición de Perth e ocuparse de asuntos relacionados co proxecto dunha nova catedral para Perth. Como non houbo cambios, e en 1862 renunciou como bispo coadxutor de Perth"Bishop Joseph (José María Benito) Serra y Juliá, O.S.B.". Catholic-Hierarchy, o que aceptou o papa Pío IX, e volveu a España. En 1864 comezou a traballar no hospital San Juan de Dios en Madrid, atendendo e confesando prostitutas e outras mulleres en situacións marxinais; vendo a necesidade de facer traballo social que as axudase logrou a colaboración de Antonia María de Oviedo, aristócrata madrileña e antiga institutriz da escola das fillas da antiga raíña María Cristina de Borbón, a quen coñeceu en 1849.

O 1 de xuño de 1864 abriu o primeiro Asilo de Nuestra Señora del Consuelo en Ciempozuelos, para acoller mulleres que querían deixar a prostitución. Para traballar alí fundou a congregación das Oblatas do Santísimo Redentor, dedicadas ao traballo social con mulleres en situacións marxinais, o 2 de febreiro de 1870, Antonia María de la Misericordia tornouse a primeiro irmá da congregación. Logo a congregación comezou a estenderse por España, Suramérica e os Estados Unidos.

Foi padre conciliar no Vaticano Primeiro. Politicamente adcribiuse ao carlismo, e en xuño de 1870 tivo un encontro en Vevey (Suíza) co príncipe Xaime de Borbón, fillo do pretendente carlista Carlos VII.Bocetos tradicionalistas: El Obispo de Daulia (continuación)». La Bandera Regional, 27-01-1912, pàg. 2.

Axudou a restaurar os mosteiros bieitos de Samos, Santo Domingo de Silos e Valvanera. Acusado de escándalo por residir no convento das oblatas en 1885 as autoridades eclesiásticas prohibíronlle vivir e confesar alí polo se se instalou no convento carmelita do Desert de les Palmes en Benicàssim, e alí ha morrer o 8 de setembro de 1886, pouco antes da chegada da absolución de Roma.

Os seus restos trasladáronse a Ciempozuelos (Madrid) en 1894 á nai casa da súa congregación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía E. Perez, "Serra, Joseph Benedict (1810 - 1886)", Australian Dictionary of Biography. Melbourne University Press, 1976. Vol. 6, p. 105-106.

Categoría:Nados en 1811 Categoría:Nados en Mataró Categoría:Finados en 1886 Categoría:Beneditinos de España Categoría:Bispos católicos de Australia Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Carlistas Categoría:Misioneiros