A crueldade de abril é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2018 por Edicións Xerais de Galicia. O título do libro deriva duns versos da obra A terra baldía de T. S. Eliot.
Trama Elvira é unha muller de vinte anos que escribe poesía. Ten tendencias depresivas, e di que desexa morrer. Gústalle a Fara, un home alcohólico que pide esmola á porta dun supermercado, e este dálle a Elvira refuxio nunha vivenda abandonada. Esa noite, Elvira e outro home morren nesa vivenda por mor dun incendio. Fara consegue sobrevivir, e marcha da cidade. Cinco anos despois, antes de morrer, cóntalle a Gonzalo -o irmán de Elvira- o que pasou aquela noite. Dúas persoas entraran na vivenda abandonada e déranlle unha malleira a el, á súa irmá e ao outro home. Gonzalo decide vingar a morte da súa irmá e vai á procura das persoas que entraron á vivenda e dun terceiro que agardaba no coche.
Narración A novela, de 45 capítulos, está estruturada en tres partes: «O amor», «A vinganza» e «O odio». O autor emprega un narrador omnisciente en terceira persoa.
A diferenza doutras obras do autor, non se dan indicacións sobre a vila ou cidade na que están ambientados os feitos.
Crítica
Notas
Categoría:Obras literarias de 2018 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Novela negra en galego Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Obras literarias de Diego Ameixeiras