Prince of Persia: The Sands of Time é un filme estadounidense de 2010 dirixido por Mike Newell. Foi escrito por Jordan Mechner, Boaz Yakin, Doug Miro e Carlo Bernard, producido por Jerry Bruckheimer e distribuído por Walt Disney Pictures. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal que interpreta o príncipe Dastan, Gemma Arterton como a princesa Tamina, Ben Kingsley como Nizam e Alfred Molina como Sheik Amar. O filme ten o mesmo título que o videoxogo Prince of Persia: The Sands of Time desenvolvido e distribuído por Ubisoft, e está principalmente baseado nel. Tamén foron incorporados algúns elementos dos xogos Warrior Within e The Two Thrones, os outros dous títulos da triloxía Sands of Time. Recibiu críticas dispares e recadou $336 millóns fronte a un orzamento de $150–200 millóns.
Personaxes Jake Gyllenhaal como Dastan William Foster como Dastan de neno Gemma Arterton como Tamina Ben Kingsley como Nizam Alfred Molina como Sheik Amar Richard Coyle como Príncipe Tus Toby Kebbell como Príncipe Garsiv Ronald Pickup como rei Sharaman Reece Ritchie como Bis Steve Toussaint como Seso Darwin Shaw como Asoka Gísli Örn Garðarsson como líder dos Asasinos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Mike Newell Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a realeza Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes ambientados en Paquistán Categoría:Filmes ambientados en Irán