Indalecio Díaz Baliño, nado en Ferrol o 8 de decembro de 1896 e finado na Coruña o 3 de febreiro de 1952 foi delineante e escultor galego.

Traxectoria miniatura|Cesuras. Fillo de Germán Díaz Teijeiro, natural de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol, e irmán dos, tamén artistas, Camilo (1889); Ramiro (1902) e Lolita (1905), formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que foi profesor e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tomou parte na Exposición Iberoamericana de 1929.

Obras súas, de temática galega, son A volta da sega, No sermón e Devotiña. Fixo un busto de José Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña. Participou na decoración do Hotel Finisterre da Coruña e o Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou na celebración do primeiro aniversario da Segunda República Española coa realización de diversas obras. Colaborou co seu irmán Camilo na realización de escenografías.Diciopedia do século 21

Foi nomeado membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", correspondente en 1946 e numerario en 1948.Gran Enciclopedia Galega

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Camilo; Ramiro e Lolita (irmáns) Ligazóns externas , J. M. "Los Díaz Baliño (3). Indalecio Díaz Baliño" 12/4/2017.

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos