Louis William Tomlinson (; nado como Louis Troy Austin o 24 de decembro de 1991, é un artista, compositor e xuíz de concurso inglés. É coñecido por ser membro do quinteto One Direction.
Traxectoria Tomlinson comezou a súa carreira como actor, aparecendo nunha película da ITV e nunha serie da BBC. En 2010, converteuse en membro de One Direction despois de ser rexeitado como solista no programa Factor X. One Direction publicou un total de cinco álbums, fixo catro xiras internacionais e foi candidato a diversos premios, converténdose nunha das bandas de máis éxito do seu momento.
"Just Hold On" foi lanzado como o seu sinxelo debut en decembro de 2016, quedou na posición 2 nos UK Singles Chart e foi certificado como disco de ouro tanto no Reino Unido como nos Estados Unidos. En 2017, Tomlinson lanzou "Back to You" xunto á cantante estadounidense, Bebe Rexha e "Miss You"; ambos os sinxelos incluíranse no seu álbum debut, que foi publicado por Epic Records en 2018.
En 2013, Tomlinson foi aceptado como futbolista no Doncaster Rovers F.C. da liga sen contrato ningún. O mesmo ano formou a súa propia compañía musical, Triple Strings, como parte da compañía de One Direction Syco. Apareceu no Debrett's de 2017 nunha lista da xente máis influente do Reino Unido.
Notas
Categoría:Nados en Yorkshire Sur Categoría:Nados en 1991 Categoría:Cantantes de Inglaterra