Celeste Martins Caeiro, nada no Socorro (Lisboa) o 2 de maio de 1933 e finada en Leiria o 15 de novembro de 2024, foi a muller que o 25 de abril de 1974 distribuíu caraveis entre os militares que estaban a dar un golpe de Estado para derrubar o réxime ditatorial liderado por Marcelo Caetano. É por este xesto seu que este acontecemento histórico é coñecido como Revolución dos Caraveis.

Traxectoria

De mai galega, Celeste é a máis nova dos tres fillos de Teodora de Viana Martins Caeiro e case non coñeceu o pai, que os abandonou. En 1974 Celeste Caeiro tiña 40 anos e vivía nun cuarto que alugara no Chiado. Traballaba no gardarroupa dun restaurante chamado SirO edifício Franjinhas vai ficar de cara lavada na Rua Braancamp en Lisboa. O restaurante, inaugurado o 25 de abril de 1973, facía un ano dende a apertura ese día e a xerencia planeaba agasallar con flores as clientas e cun porto os clientes. Porén, como estaba a acontecer o golpe de Estado, o restaurante non abriu. O xerente díxolle ao seu persoal que volvese para a casa e deulles os caraveis para levar, xa que non ían poder ser distribuídos entre as clientes. Cadaquén levou do almacén un feixe de caraveis vermellos e brancos.miniatura|Mural do 25 Abril |alt=|esquerdaCando volvía para a casa, Celeste colleu o metro para o Rossio e dirixiuse ao Chiado, onde se atopou inmediatamente cos tanques dos revolucionarios. Achegouse a un dos tanques, preguntou o que pasaba e un soldado respondeulle "Nós imos cara o Carmo para deter o Marcelo Caetano. Isto é unha revolución!". O soldado pediulle a maiores un cigarro, pero Celeste non tiña ningún. Celeste quería comprarlles algunha cousa para comer, pero as tendas estaban todas fechadas. Así que lle deu a única cousa que tiña para dar: caraveis, dicindo: "Se quere tome, un caravel ofréceselle a calquera persoa", e deulle un caravel vermello. O soldado aceptou o caravel, e puxo a flor no cano do fusil. Celeste foi dando caraveis ós soldados que ía encontrando, dende o Chiado ata o pé da Igrexa dos Mártires. Logo deste xesto seu, Celeste foi chamada Celeste dos cravos. No ano 1999, a poeta Rosa Guerreiro Dias dedicoulle o poema Celeste em Flor.

No ano 2016 vivía cunha pensión de 370 euros nunha pequena casa a poucos metros da Avenida da Liberdade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Revolución dos Caraveis

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 2024 Categoría:Portugueses de ascendencia galega