Kauksi Ülle (nome oficial Ülle Kauksi) nada o 23 de setembro de 1962 en Võru"Kauski Ülle Võrumaa Keskraamatukogu, é unha xornalista e escritora estoniana de expresión võro. Traxectoria Medrou na aldea de Saarlasõ, realizou os seus estudos de primaria en Rõugõ e a secundaria en Võro, tras rematalos en 1981 matriculouse na Universidade de Tartu, licenciándose en xornalismo"Aasta naiseks valiti Kauksi Ülle". Postimees, 16 de novembro de 2008 en 1986. Traballou"Kauksi Ülle" Võro Kirändüs na redacción da revista cultural Kultuur ja Elu (1986-1987), na sección de Tartu da Asociación de Escritores Estonianos (1987-1990), en Võru Raadio (1991-1993), na sección de Tartu da Sociedade Fenno-Ugria (secretaria 1994, presidenta 1998-2004).

Escritora en võro, publicou tanto narrativa como poesía, é deu ao prelo a primeira novela na lingua,  "Paat". En 1990 canda Sven Kivisildnik, Karl Martin Sinijärv, Valeria Ränik e Jüri Ehlvest fundou"Ajalugo" folklore.ee o grupo literario-artístico etnofuturista Eesti Kostabi- $elts. Foi tamén unha das fundadoras da Võro Keele ja Kultuuri Fond (1988) que organiza anualmente a universidade de verán Kaika suvõülikuul dende 1989. miniatura|Kauski Ülle, vestida ao xeito tradicional seto, coa embaixadora finlandesa en Estonia en 2016 Literatura Poesía Kauksi Ülle comezou a escribir poesía no instituto sen coñecer que a súa, era unha lingua de seu pero sen tradición literaria, o que lle chocou enormemente. A súa primeira colección de poesía, Kesk umma mäke apareceu en 1987, amosando unha relación intensa coa tradición oral do seu pobo. Nas seguintes coleccións están presentes o amor, a morte e o destino e xa deben menos á tradición oral. Os seus últimos poemarios céntranse máis en aspectos persoais aínda que hai tamén poemas satíricos. En 2005 publicou unha escolla da súa poesía, Emaemamaa, traducida ao estoniano por Kirsti Oidekivi e Aare Pilv. Prosa En 1997 publicou o seu primeiro libro en prosa, unha colección de relatos, Säng e en 2000 outra nova colección Huuv (2000), nos que describe a vida diaria en Tartu nos primeiros anos da década de 1990. En 1998 deu ao prelo Paat (1998), a primeira novela en võroMart Velsker "Estonian literature in Southern Estonian" Estonian Literary Magazine, 25 (2007) sobre a vida diaria de Ainu na aldea de Võrumaa dende a posguerra ata a independencia de Estonia. A novela Uibu (2003) ten lugar na época contemporánea. Teatro A súa primeira peza teatral foi Pühak, escrita en colaboración con Sven Kivisildnik e baseada na vida da mística pietista Barbara von Krüdener (1764-1824). A súa seguinte peza Ah tsusku külh traza as vidas de Jaan Vahtra, Juhan Jaigi e Johannes Vares-Barbarus no condado de Võrumaa; obra fantástica aínda que beve de fontes memorísticas e de ficción. Vihmatark está baseada na novela de Juhan Jaigi Peko. Kalmonaio é un libreto operístico baseado nunha canción de arrolo seto. O seu texto teatral máis extenso é o drama "Taarka", baseado na vida da cantora popular seto Hilana Taarka, e que tamén inclúe numerosas cántigas. En 2008 baseándose nesta obra Ain Mäeots dirixiu o filme "Taarka", o primeiro realizado en seto. Obra

Poesía 1987 Kesk umma mäke 1989 Hanõ vai luigõ 1991 Jyriyy 1995 Agu ni Eha. Morn and Eve (ed. bilingüe en Võro e English) 1996 Kuldnaanõ. Kultanainen (ed. bilingüe en Võro e Finnish) 2001 Nõsõq rõõmu mõrsija 2003 Käänüpäiv 2012 Palunõiaq 2012 Valit luulõq

Narrativa 1997 Säng 1998 Paat 2000 Huuv 2003 Uibu 2014 Ülim tõde (novela en estoniano)

Teatro 2004 Taarka 2006 Kuus tükkü

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Võru Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Escritores en lingua võro Categoría:Xornalistas de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana