Goat é o segundo álbum da banda estadounidense de noise rock The Jesus Lizard, publicado o 21 de febreiro de 1991 a través do selo Touch and Go Records. O traballo foi producido por Steve Albini e trátase do seu disco máis aclamado.

A súa portada, realizada polo baixista David Wm. Sims, nun primeiro momento semella unha chama, pero realmente é unha muller en topless cunha imaxe de preto de unllas proxectadas no seu corpo. A parte de atrás e varias páxinas do libreto do CD inclúen imaxes semellantes da mesma muller núa, con diferentes proxeccións no seu corpo. A publicación en liña Pitchfork situouno no número 38 na súa lista dos 100 mellores álbums dos 90.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Jesus Lizard Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Steve Albini Categoría:Álbums de Touch and Go Records